Blogia

A cova do congro

Pesca

Sei, por experiencia, que é moi difícil sacar um congro da cova. Hai que disparar justo na cabeza cando asoma e pegar um tirón, se nom, por moito que um tire despóis da varilha, o congro nom sae. Enrócase, métese dentro, faise forte, e um pode afogar no fondo, tirando da corda, tentando sacalo.

Escrever

[...]el pensamiento es un subproducto del lenguaje, y no al revés, como comúnmente se piensa. Ésto, desde el punto de vista evolutivo, tiene todo el sentido. Todos los animales se comunican de una u otra forma, pero no creemos que muchos reflexionen. La capacidad de pensar de forma ordenada, de razonar internamente, es así un producto del lenguaje, que se fue creando poco a poco para comunicarse con otros. Así, pensamos porque hablamos. Hasta los niños : hablan mucho antes de ser conscientes de sus propios pensamientos. Podemos pensar sin hablar, claro, pero el funcionamiento óptimo del pensamiento se dá en el esfuerzo explicativo. [...] En este contexto veo yo la escritura. Escribir es hablar, no se sabe con quién, pero hablar, sin la tiranía del ritmo de la conversación, en que la otra persona dirige a veces la temática. [...] Y en este contexto entiendo yo la oración.

Problemas

- Nom sabemos cál é o problema. No simulador funciona perfectamente
- Pero despóis, na realidade, nom funciona
- Entón está claro : a realidade está mal

3.1416

Me pregunto si lo único concreto del universo es el lenguaje. Todo lo demás tiene una existencia imprecisa, huidiza, fantasmal. La razón, tal como la entendemos, y por cuanto es en sí un lenguaje, es también concreta. Por eso es tan limitada, y le resulta tan difícil interactuar con el universo real, que no admite la categorización (una forma de conversión, o capado, del número real en racional), al menos no sin una pérdida de información que nunca se puede acotar. Todo le funciona relativamente bien a la razón mientras trate con sistemas simples (no dinámicos, o complejos) en que las relaciones de causa-efecto pueden aislarse. Pero en cuanto entran complejidad e historia, y causas que no se pueden aislar, la razón es una pobre herramienta. No existe aquí algorítmica posible, precisamente porque los infinitos empiezan a tener importancia, y a los algoritmos les cuesta recorrer infinitos en tiempos razonables...

Origes (I)

Contan as lendas que Poseidón, todopoderoso deus do mar, para calmar os ardores que nom desaparecían cos banhos na mar xeada, adoitava marchar ós baixos fondos a desfogar a súa líbido coas fermosas sereas. Gostava Poseidón especialmente destas criaturas porque, ademáis de seren suaves e doces, debido a súa particular morfología, nom podían quedar prenhadas del. I é que já ficara Poseidón escarmentado da súa progenie despóis de engendrar, entre outros monstros, ó cíclope Polifemo coa ninfa Toosa e á terrible Caribdis, que lhe saíra coa deusa Gea. Por iso gostava de baixar onda Telxíope, Leucosia e companhía e gozar com elas sem temor. O caso é que um día, ó final dumha cópula especialmente pracenteira coa serea Agláope, Poseidón descobréu horrorizado, no interior dos séus calzóns, a Nemea, a rainha das anémonas, que nesa época flotavan livremente polo mar. Alarmado ante a posibilidade da concepción dum novo monstro, Poseidón agarróu a Nemea e levouna ó máis profundo do océano, ao medio dum labirinto de coral que tinha construido perto da Ilha de Creta. E para se asegurar de que Nemea nom podía escapar de alí, pegóuna a umha pedra ponhéndolhe um pé que já para sempre ficaría na anatomía das anémonas.
Ó pouco tempo, no medio de aquel labirinto infernal, Nemea paríu a súa progenie proscrita : centos de pequenos bechos gelatinosos e informes, retortos e deformes, cada um cum corpo máis estranho. Pequenos seres que, empujados polas forzas que só dan as ganas de viver, comezaron a percorrer as galerías do labirinto de coral tentando escapar da cárcere na que naceran. E pouco a pouco, um a um, os filhos de Nemea e Poseidón foron morrendo no medio dos pasilhos sen final. Só tres, especialmente dotados pola forma dos séus corpos para nadar nos intrincados pasadizos do labirinto, conseguiron sair vivos : Lamprea, que inmediatamente foi a se esconder nos limos escuros da foz dum río. Morea, que foi camuflar o seu corpo serpentiforme nos mortáis penedos de Caribdis i Escila. E o negro Congro.

Autorretrato (II)

Autorretrato (II)

Ahí no medio : eu

Corazonadas

Alá polo ano 80, Francis Ford Coppola tivo umha corazonada. Maxinóu umha película grandiosa ambientada en Las Vegas. Como a rodaxe en escenarios naturáis nom era posível, decidíu seguir a corazonada e arriscar cáseque todo o séu capital, acumulado tras os éxitos The Godfather e Apocalypse Now, en reconstruir nos estudios Zoetrope a cidade enteira de Las Vegas.
Outra corazonada levóulhe a nom empenhar os vinhedos que posuía en California : prácticamente o único que nom perdéu tras o fracaso comercial de Corazonada. Pódese perder todo, menos o vinho.
Estou agora a escoitar a Tom Waits na banda sonora.
This one is from the heart...

Requiem

Somos o que lembramos, tanto a nivel persoal coma colectivo.

Por iso hoje quero lembrar um episodio de marzo do 76, cando o ministro de gobernaçom de entón mandóu á policía disparar contra ums asambleistas en Vitoria, matando a tres deles (e máis dous que morreron despóis). Eran tempos convulsos, estava por definir um modelo de estado, o povo andava envalentonado, i esas cousas hai que cortalas de raíz.

O ministro responsável de aquel episodio ven de conquerir, por fin, a sentencia que lhe permitiría "descansar un poquito". Por iso eu quero lembrar hoje as verbas que Lluis Llach lhe adicóu, no requiem máis impresionante que tenho escoitado. De momento está claro que a primeira parte desta maldiçom estase a cumplir. Espero que suceda o mesmo coa segunda.

Assassins de raons, de vides,
que mai no tingueu repòs en cap dels vostres dies
i que en la mort us persegueixin les nostres memòries.


(Asesinos de razones, de vidas
que nunca tengáis reposo en vuestras vidas
y que en la muerte os persigan nuestra memorias)

Madrid. 28 de xunho de 2005.

Existir

Seguro que a frase nom é súa, e nim sequera é moi original, pero gostéi de ver ese pensamento escrito : "para seguir existindo non basta con mirarse ao espello: temos que ter quen mire para nós". Luisa Castro na Voz de Galicia de hoxe.

Triste Stephen

(I)
Gosto de jogar a descobrer nas nuvens formas de animáis. Este cerebro simiesco é especialmente hábil para aprehender formas, reconhecer perfiles, identificar patróns. Nas nuvens : que tenhen infinitas formas ainda que eu só conheza umhas dúcias de animáis.
Hai quem busca formas na sociedade, o arte, o pensamento... E din "esto é um país" ou "iso é penalty” ou "por ahí anda umha mulher ". Eu ás vezes vejo o mesmo que eles e outras nom. Como nas nubes.
As categorías discretas nom existem máis que na mente de cada um.
Entender o mundo é um jogo que nom se debe tomar em sério.
Quém quer jogar comigo?

(II)
De cando en vez, cando a soidade me tem rodeado por tódolos flancos, acodo á patria dos mortos buscar companha. E jogo contigo, Stephen, coma antes joguéi com outros."

Jack

Nom podo entender um idioma que tem que inventar um diminutivo para um nome coma john.

Man esquerda

Um amigo méu dí que nesta vida, é fundamental ter moita man esquerda. Claro, penso eu. Sempre que se tenha tamén umha boa direita, porque, se nom, pásache o que a él : que todo o mundo o vapulea.

Itacas

Viajar sempre é umha invitaçom a mirarse com olhos de outros. A descobrer que a normalidade é costume, o costume arbitrariedade, os cánones convencións, o necesario prescindible, e que a rutina nom no-la imponhen dende fora. É buscar o mínimo común múltiplo das culturas, e o máximo común divisor da humanidade. O viageiro nunca volta á mesma casa.
O turista, polo contrario, nom sae dela.

Botóns

Cando eu era pequeño, tiven épocas en que me dava por colecionar cousas.
Por medio dum amigo do meu pai, que me regalóu umha colecçom de centavos americáns de 1940 a 1970, entréi na numismática. Máis adiante, porque eran bonitos e sinxelos de conquerir, dín en coleccionar selos de correos. Cando o méu tío Alfonso me ensinóu, na praia, um seixo transparente e me informóu de que era cuarzo “cristal de roca”, comecéi a minha colecçom de mineráis. Tamén, das praias colecionéi cunchas. Gostava especialmente das margaritas que ainda hoje, cando vou á Area da Secada, nom podo evitar buscar ata topar alomenos um par delas.
Tamén coleccionéi, claro, cromos, ademáis de bolas, postáis, mariposas, insectos, e ata etiquetas da roupa. Pero a colecçom que lembro con máis carinho, era a minha colecçom de botóns.
Os botóns poden parecer pezas vulgares, pero eran sinxelos de conquerir, e iso, para um neno de 9 anos, é fundamental. Era excitante buscar botóns no chau, no sofá da casa dum amigo, na dorna do avó... Todo o mundo perde botóns, e o mundo está cheo de botóns que caíron dumha ou outra prenda. I eu era o ratinho Pérez dos botóns.
Había, claro, botóns melhores e peores : dende os de plástico duro das camisas, aos fermosos botóns de caréi das trencas. Na minha colecçom habíaos de todo tipo, eu nom despreciava nengún.
Suponho que sería, entón, por aquela época cando puxeron pola tele a película “Botón de ancla”, ambientada na escola naval militar de Marín. Com ela eu descobrín que existían tales tesouros : os botóns de áncora, auténticas xoias para mín. Eu nunca vira um, pero dende aquel día, ter um botón de áncora conviertéuse numha necesidade, um objectivo imprescindível para a minha colecçom.
Pero, cómo conseguir um botón de áncora?. Eu nom ía nunca a Marín...
Onde sí que ía, a visitar á minha avoa e máis ós meus primos, era a Pontevedra. E por Pontevedra era por onde os alumnos da escola de Marín saían os fins de semana. Daquela eu nom sabía que os chamavan ‘capulhos’, que adoitavam ir ó Casino, e a pasear com rapazas (á sazón chamadas ‘capulheras’) que buscavam emular a Debra Winger nesta versión patria e marinheira de ‘Oficial e cabaleiro’. O que sí sabía, porque o vira, era que os aspirantes a oficiáis guardamarinas andavam sempre de uniforme, e que cada um levava, pendurados da casaca por ums frágiles fíos de algodón, 14 relumbrantes botóns de áncora.
Es así foi como, cada vez que ía a Pontevedra, tentava pasear pola alameda, Campolongo, a Ferreiría, ou perto do Casino.
Paseava mirando para o chan, intensamente. Ata chegava a caminhar detrás dos capulhos.
Nunca conquerín um botón de áncora.
Có tempo, a minha colección de botóns, como as outras, desaparecéu. Pero aínda hoje, cando paseo por Pontevedra, nom podo evitar mirar, ó pasar pola Ferreiría ou a alameda, baixo dos bancos de pedra.
É umha déveda que tenho con ese neno que um día foi.

Escriu-me aviat

Escriu-me aviat.
No tardis més,
no deixis que l'angoixa em guanyi.
No facis de la soledat
la meva fidel companya.
Fes-me veure el teu cos
enmig de les teves paraules,
i amb les "os", els teus ulls,
i amb les "tes", les espatlles.

Escriu-me aviat:
cada mot un gest,
cada frase una mirada.
Escriu-me aviat
i, en tant que puguis,
omple el buit de les paraules.
Cada síl·laba, un poc
de la persona aimada,
i amb les "os", els teus ulls,
i amb les "tes", les espatlles.

Lluis Llach

Santos (II)

Jesús falóu de religión. Nunca de igrexas.
No século IV, Constantino, emperador daquela do imperio, decide converterse ó catolicismo. Curiosamente, ademáis de presidir concilios e dotar á igrexa dumha estructura política, contamina as crenzas dos cristians cums costumes que vinhan da religión do imperio : o uso de templos pagáns, as festas solares (navidade, san Xoán), as ofrendas votivas para recuperar a saúde, o bautismo com auga bendita, o anel de bodas, e sobor de todo umha serie de signos externos cumha forte carga politeísta, dende a deificaçom e adicaçom de templos aos santos, ata a aceptaçom da trinidade de Deus.
I é curiosamente nesta época de contaminaçon do cristianismo, cando aparece, no seo da igrexa católica a persecuçom das herejías cuio pecado era a fidelidade á message de cristo : os arrianos, maniqueos, cátaros, gnósticos...
Sucede periódicamente : cando un cristián lee as escrituras (que som moi sinxelas de entender), resulta que as está a interpretar, e acaba na herejía. Sucede así coa teología da liberaçom, e qualquer intento de orientar as ajudas da igrexia ós marginados. Neses casos, a igrexa mostra a súa verdadeira natureza política.
O sábado, en Madrid, os dirigentes da igrexia manifestáronse contra o matrimonio homosesual (enseguida se distingue ós reprimidos pola incapacidade de pronunciar ese 'x'). Eles dín que nom se manifestan contra os gays, nem a súa unión. "Pero que no le llamen matrimonio".
Estou de acordo. Pero por favor, señores católicos : a cambio vostedes nom se chamen cristiáns.

Emigrantes

E volto para Madrid asumindo a minha condiçom de emigrante de segunda.

Santos (III)

O sábado os meus pais forom a umha boda na que o cura rematóu a homilía com "y mañana ya sabéis a quién tenéis que votar". A minha avoa relatóume idéntico suceso na misa dominical de don Olimpio. No asilo de Cambados, um amigo do meu pái sorprendéu ás monjas levando á súa nai a votar cumha papeleta do PP nas mans.
¿Pero nom dicían que o reino de Jesús "no es de este mundo" (Juan 18-36)?

Santos (I)

A maior proba da inexistença de Deus, está na propia existença da igrexa católica. Nengúm Deus permitiría ter ums representantes así na terra.

Anti-Tautología (III)

- No está mal pensado.
- Si está pensado, no puede estar mal

Jose Bergamín (La cabeza a pájaros)