Blogia
A cova do congro

Origes (I)

Contan as lendas que Poseidón, todopoderoso deus do mar, para calmar os ardores que nom desaparecían cos banhos na mar xeada, adoitava marchar ós baixos fondos a desfogar a súa líbido coas fermosas sereas. Gostava Poseidón especialmente destas criaturas porque, ademáis de seren suaves e doces, debido a súa particular morfología, nom podían quedar prenhadas del. I é que já ficara Poseidón escarmentado da súa progenie despóis de engendrar, entre outros monstros, ó cíclope Polifemo coa ninfa Toosa e á terrible Caribdis, que lhe saíra coa deusa Gea. Por iso gostava de baixar onda Telxíope, Leucosia e companhía e gozar com elas sem temor. O caso é que um día, ó final dumha cópula especialmente pracenteira coa serea Agláope, Poseidón descobréu horrorizado, no interior dos séus calzóns, a Nemea, a rainha das anémonas, que nesa época flotavan livremente polo mar. Alarmado ante a posibilidade da concepción dum novo monstro, Poseidón agarróu a Nemea e levouna ó máis profundo do océano, ao medio dum labirinto de coral que tinha construido perto da Ilha de Creta. E para se asegurar de que Nemea nom podía escapar de alí, pegóuna a umha pedra ponhéndolhe um pé que já para sempre ficaría na anatomía das anémonas.
Ó pouco tempo, no medio de aquel labirinto infernal, Nemea paríu a súa progenie proscrita : centos de pequenos bechos gelatinosos e informes, retortos e deformes, cada um cum corpo máis estranho. Pequenos seres que, empujados polas forzas que só dan as ganas de viver, comezaron a percorrer as galerías do labirinto de coral tentando escapar da cárcere na que naceran. E pouco a pouco, um a um, os filhos de Nemea e Poseidón foron morrendo no medio dos pasilhos sen final. Só tres, especialmente dotados pola forma dos séus corpos para nadar nos intrincados pasadizos do labirinto, conseguiron sair vivos : Lamprea, que inmediatamente foi a se esconder nos limos escuros da foz dum río. Morea, que foi camuflar o seu corpo serpentiforme nos mortáis penedos de Caribdis i Escila. E o negro Congro.

0 comentarios