Blogia
A cova do congro

Requiem

Somos o que lembramos, tanto a nivel persoal coma colectivo.

Por iso hoje quero lembrar um episodio de marzo do 76, cando o ministro de gobernaçom de entón mandóu á policía disparar contra ums asambleistas en Vitoria, matando a tres deles (e máis dous que morreron despóis). Eran tempos convulsos, estava por definir um modelo de estado, o povo andava envalentonado, i esas cousas hai que cortalas de raíz.

O ministro responsável de aquel episodio ven de conquerir, por fin, a sentencia que lhe permitiría "descansar un poquito". Por iso eu quero lembrar hoje as verbas que Lluis Llach lhe adicóu, no requiem máis impresionante que tenho escoitado. De momento está claro que a primeira parte desta maldiçom estase a cumplir. Espero que suceda o mesmo coa segunda.

Assassins de raons, de vides,
que mai no tingueu repòs en cap dels vostres dies
i que en la mort us persegueixin les nostres memòries.


(Asesinos de razones, de vidas
que nunca tengáis reposo en vuestras vidas
y que en la muerte os persigan nuestra memorias)

Madrid. 28 de xunho de 2005.

0 comentarios