Blogia
A cova do congro

Santos (II)

Jesús falóu de religión. Nunca de igrexas.
No século IV, Constantino, emperador daquela do imperio, decide converterse ó catolicismo. Curiosamente, ademáis de presidir concilios e dotar á igrexa dumha estructura política, contamina as crenzas dos cristians cums costumes que vinhan da religión do imperio : o uso de templos pagáns, as festas solares (navidade, san Xoán), as ofrendas votivas para recuperar a saúde, o bautismo com auga bendita, o anel de bodas, e sobor de todo umha serie de signos externos cumha forte carga politeísta, dende a deificaçom e adicaçom de templos aos santos, ata a aceptaçom da trinidade de Deus.
I é curiosamente nesta época de contaminaçon do cristianismo, cando aparece, no seo da igrexa católica a persecuçom das herejías cuio pecado era a fidelidade á message de cristo : os arrianos, maniqueos, cátaros, gnósticos...
Sucede periódicamente : cando un cristián lee as escrituras (que som moi sinxelas de entender), resulta que as está a interpretar, e acaba na herejía. Sucede así coa teología da liberaçom, e qualquer intento de orientar as ajudas da igrexia ós marginados. Neses casos, a igrexa mostra a súa verdadeira natureza política.
O sábado, en Madrid, os dirigentes da igrexia manifestáronse contra o matrimonio homosesual (enseguida se distingue ós reprimidos pola incapacidade de pronunciar ese 'x'). Eles dín que nom se manifestan contra os gays, nem a súa unión. "Pero que no le llamen matrimonio".
Estou de acordo. Pero por favor, señores católicos : a cambio vostedes nom se chamen cristiáns.

0 comentarios