Blogia
A cova do congro

Itacas

Viajar sempre é umha invitaçom a mirarse com olhos de outros. A descobrer que a normalidade é costume, o costume arbitrariedade, os cánones convencións, o necesario prescindible, e que a rutina nom no-la imponhen dende fora. É buscar o mínimo común múltiplo das culturas, e o máximo común divisor da humanidade. O viageiro nunca volta á mesma casa.
O turista, polo contrario, nom sae dela.

1 comentario

sonia -

gustaríame viaxar sen equipaxe, ou levalo para ir desprendendome de cousas inecesarias, "soltando lastre", e voltar lixeiriña...