Botóns
Cando eu era pequeño, tiven épocas en que me dava por colecionar cousas.
Por medio dum amigo do meu pai, que me regalóu umha colecçom de centavos americáns de 1940 a 1970, entréi na numismática. Máis adiante, porque eran bonitos e sinxelos de conquerir, dín en coleccionar selos de correos. Cando o méu tío Alfonso me ensinóu, na praia, um seixo transparente e me informóu de que era cuarzo cristal de roca, comecéi a minha colecçom de mineráis. Tamén, das praias colecionéi cunchas. Gostava especialmente das margaritas que ainda hoje, cando vou á Area da Secada, nom podo evitar buscar ata topar alomenos um par delas.
Tamén coleccionéi, claro, cromos, ademáis de bolas, postáis, mariposas, insectos, e ata etiquetas da roupa. Pero a colecçom que lembro con máis carinho, era a minha colecçom de botóns.
Os botóns poden parecer pezas vulgares, pero eran sinxelos de conquerir, e iso, para um neno de 9 anos, é fundamental. Era excitante buscar botóns no chau, no sofá da casa dum amigo, na dorna do avó... Todo o mundo perde botóns, e o mundo está cheo de botóns que caíron dumha ou outra prenda. I eu era o ratinho Pérez dos botóns.
Había, claro, botóns melhores e peores : dende os de plástico duro das camisas, aos fermosos botóns de caréi das trencas. Na minha colecçom habíaos de todo tipo, eu nom despreciava nengún.
Suponho que sería, entón, por aquela época cando puxeron pola tele a película Botón de ancla, ambientada na escola naval militar de Marín. Com ela eu descobrín que existían tales tesouros : os botóns de áncora, auténticas xoias para mín. Eu nunca vira um, pero dende aquel día, ter um botón de áncora conviertéuse numha necesidade, um objectivo imprescindível para a minha colecçom.
Pero, cómo conseguir um botón de áncora?. Eu nom ía nunca a Marín...
Onde sí que ía, a visitar á minha avoa e máis ós meus primos, era a Pontevedra. E por Pontevedra era por onde os alumnos da escola de Marín saían os fins de semana. Daquela eu nom sabía que os chamavan capulhos, que adoitavam ir ó Casino, e a pasear com rapazas (á sazón chamadas capulheras) que buscavam emular a Debra Winger nesta versión patria e marinheira de Oficial e cabaleiro. O que sí sabía, porque o vira, era que os aspirantes a oficiáis guardamarinas andavam sempre de uniforme, e que cada um levava, pendurados da casaca por ums frágiles fíos de algodón, 14 relumbrantes botóns de áncora.
Es así foi como, cada vez que ía a Pontevedra, tentava pasear pola alameda, Campolongo, a Ferreiría, ou perto do Casino.
Paseava mirando para o chan, intensamente. Ata chegava a caminhar detrás dos capulhos.
Nunca conquerín um botón de áncora.
Có tempo, a minha colección de botóns, como as outras, desaparecéu. Pero aínda hoje, cando paseo por Pontevedra, nom podo evitar mirar, ó pasar pola Ferreiría ou a alameda, baixo dos bancos de pedra.
É umha déveda que tenho con ese neno que um día foi.

1 comentario
sonia -