Blogia

A cova do congro

Sectas

Vivimos rodeados de aliens : individuos de aparença normal, pero que en realidade son vainas, cáscaras, onde viven pequenos parásitos insertados por sectas de todo tipo.
Lembro coma se fose hoxe o día que a hermana Johnson e a hermana Caicedo se presentaron na porta da minha casa de Pontevedra. Elder Johnson era umha nórdica alta e espigada, loira, e de pelo longo. Elder Caicedo era baixinha, regordeta, e cum pelo negro que lhe chegaba escasamente ós hombreiros. Ambas vestían impecable traxe de chaqueta escuro com camisa branca : o uniforme mormón. Entre ambas, informáronme da message deixada por José Smith ás igrexias de América, deixáronme umha fermosa ediçóm do Libro del mormón para que reflexioara, e despóis marcharon. Eu fiquéi pensando nos dous anos que os mormóns están obrigados a perder neste tipo de misións.
Algún tempo despóis apareceron pola porta dúas testemunhas de Jehová. O aspecto cáseque monxil das dúas senhoras amosava que o aparato de marketing de Marín nom podía compararse có de Utah, pero traían tamén a súa message : o pouco tempo que me quedava para salvar a minha ánima. Eu informéilhes da minha mutilaçom : perdera a fe, nom cría em Deus. Elas simularom sorpresa e um pequeno escándalo, buscaron mentalmente a resposta apropiada no manual e umha dixo : "Pero hombre, ¿no ves que hasta los científicos dicen que este mundo lo tiene que haber creado una mente superior? Por ejemplo : el mecanismo del ojo humano, es de una precisión inigualable". Eu suspiréi interiormente, miréi con incredulidade á parelha, sinaléi os meus anteolhos e dixen : "e Deus tinha algún problema comigo?".
Onte, paseando cerca do congreso, acercóuse um elegante membro da Igrexa da Cienciología a entregarme um deses panfletos inspirados na Dianética de Hubbard, que, ilustrado coa foto de Einstein, rezaba : "Sólo utilizamos el 10% de nuestro cerebro". Nom puiden resistirme. Miréi ó tipo ós olhos e díxenlhe : "Alguns, nom chegan ó 5%"

Ausencia

A ideia era, Morena, fazerme o misterioso e deixar um presente anónimo pendurado do pomo no Pavilhom Briony. Pero um é um e máis as súas circunstancias, e as inercias imponhen as súas regras. A sexta, o pequeno e mais eu estivemos a mirar para arriba, e o sábado o congro voltóu ó mar, estrenar a tempada da maragota. Mar de fondo, algas e vento = mareo. Nom dou para máis.
O domingo, a vida na terra cobróu aspectos de irrealidade. Por Ávila, buscando emisoras na radio : primeiro sorprendéume o inglés da BBC-WALLES, despóis um acento francés sen nome, e despóis dúas emisoras alemanas. Todo na meseta castelá, rodeado por campos de centeo e remolacha.

Cargas

A minha amiga Lola chámaos esquemas. Na igrexa da cienciología chámanos engramas. E Jodorovsky fala de arbol psicogenealógico. O caso é que todos herdamos, ademáis de gens, formas de entender o mundo que nos venhen dadas da familia. Comportámonos seguindo esquemas interiorizados coma propios.
Nom é preciso, como dizía Argullol ("Suelta lastre: abandona lo que hay en ti que no es tuyo. Probablemente comprobarás que tuyo hay bien poco. Pero con ese poco empezarás a saber lo que hay en ti") botalos fora. Pesan, sí, como a fonética, e, chegada umha altura na vida, tentar cambear esa gramática do pensamento pode ser coma falar outro idioma : sempre acabamos traducindo.
Iso sí : nom está de máis aprender que muitas das palavras que nos ensinaron de pequenos nom nos som necesarias e que podemos, incluso, inventar palavras novas.

Gratis

O asunto das cousas gratis no metro comeza a ser preocupante. Comezaron os periódicos "Metro" e "20 Minutos". Fai pouco o grupo Recoletos decidíu entrar no tema regalando "Qué" (maquetado coma o Marca), e agora, na saida de Nuevos Ministerios, tropezase de fronte cums tipos con petos de cores (azul o de "20 minutos", rojo o "Qué", e verde o "Metro") que máis que regalar periódicos parecera pola insistencia que pediran algo. Pois aínda hai máis. Desde hai un par de semanas, já regalan tamén (nom séi qué días) o diario deportivo "Crack 10". Tamén aparecéu un diario vespertino "Ahora", que a mín me parece que tem ums tintes um pouco fachas. E hoje, por fín, o que faltava : o semanario "Corazón".
Máis :
A semana pasada regalavam barritas Kellogg's de cereáis. Esta semán estavam os de Nestea a regalar botes na entrada do metro e máis do Cercanías. Regalavam tamén un sobre con semente de margaridas. Bó detalhe. Eu acerquéime o luns a pedir um bote. Abríronme um de limón mentras a rapaza, cumha voz completamente atonal, dizía "La naturaleza te da sed. Nestea te la quita". Eu, que prefiro o de laranja, pedín outro bote. A rapaza abreuno mecánicamente, sem me mirar, dizindo, coma se có bote novo eu fose um tipo novo "La naturaleza te da sed. Nestea te la quita". Doume pena. Tinha cara de estar hasta os c*lh*ns. Pensava eu nos que disenhan este tipo de campanhas. Se o estribilho tivese algún efecto sobre o consumidor, a prove rapaza debería pasar a vida bebendo Nestea.
Onte regalavam umha bebida energética mentras umha go-go danzaba epilépticamente numha plataforma, iluminada (en lugar do foco nocturno de rigor), polo sol de justicia das 6 da tarde. A pesar da escueta faldinha e o top, a probe suava sem parar. Hoje, ás 8 da manhá, já estava outra volta o dj pinchando house, coa plataforma preparada.
Persoalmente, síntome estranho có fenómeno, e sigo buscando, no chao, a mantinha onde ponher umhas moedas.

Gratis (3)

... e onte tocóu CocaCola Light.

Gratis (2)

Fai tempo, num recital de Jenaro Taléns na cuarta planta do Círculo de Bellas Artes, perguntávame cómo se podía costear um acto (incluido viagem dende EEUU) para 20 persoas que asistíamos gratis. Quém pagava aquilo?. Lembro tamén concluir entón, que a presentaçom no salón da terceira planta do novo modelo de Audi, cuia música estridente nos invadía por momentos, tería algo que ver. E sí, sentinme afortunado.
Umha sensaçom parecida sentín o sábado. Baixo as estrelas, rodeado por paisajes lunares e marcianos, puiden asistir ás interpretacións que Luis Delgado fixo dos temas de Vangelis, Alan Parson's, Tangerine Dream, Brian Eno, Pink Floyd... cántas oportunidades pode ter um de escoitar en directo a música de Blade Runner (e sí : os androides sonhan con ovelhas eléctricas saltando en gravidade 0.16G)?. Ou Tubular Bells. Ou as maravilhosas versións que Isao Tomita fixo dos temas de Debussy, ou Wendy Carlos (formerly known as Walter Carlos) das Suites de Bach. Ou de escoitar un violín-trompeta e máis un theremín (o sonido fantasmagórico da música de Mars Attacks) recreando Ultimatum a la tierra?
Gratis, sím. Ou casi.

Hoxe

Hai días -coma hoxe- en que o vacío da cova me afoga como umha serpe.

Caso para o Doutor Freixo

Hai moitos anos, um home miraba o mar, buscando no ritmo das mareas o momento propicio para a pesca. Ó seu carón, outro home pasava a noite mirando a lúa. Um calculava. Outro sonhava. Sen saberem ningún da orige común dos seus desvelos.
Hai moitos anos, um home mirava os campos, buscando nos ritmos da natureza o momento propicio para a sementeira. Ó seu carón, outro home pasava a noite mirando as estrelas. Um calculava. Outro sonhava. Sen saberem ningún da orige común dos seus desvelos.
Na minha cama, um home pasa a noite antre a lúa e as estrelas. Ó seu carón, outro home pensa na hora de erguerse amanhá, nas cousas por fazer. Busco a forma de que, algún día, poidam compartir um sonho, e, por fin, abraçarse.

Falar

La razón, lo que llamamos tal, el conocimiento reflejo y reflexivo, el que distingue al hombre, es un producto social. Debe su origen acaso al lenguaje. Pensamos articulada, o sea reflexivamente, gracias al lenguaje articulado, y este lenguaje brotó de la necesidad de transmitir nuestro pensamiento a nuestros prójimos. Pensar es hablar consigo mismo, y hablamos cada uno consigo mismo, gracias a haber tenido que hablar los unos con los otros, y en la vida ordinaria acontece con frecuencia que llega uno a encontrar la idea que buscaba, llega a darle forma, es decir, a obtenerla, sacándola de la nebulosa de percepciones oscuras a que representa, gracias a los esfuerzos que hace para presentarla a los demás. El pensamiento es lenguaje interior, y el lenguaje interior brota del exterior. De donde resulta que la razón es social y común.
Miguel de Unamuno (Del sentimiento trágico de la vida)

Flamel

Na página 114 do meu ejemplar do Fulcanelli, fálase do adepto Nicolás Flamel, autor do libro Figuras simbólicas de Abraham el judío, no que se detalha, de forma hermética e só entendivel para adeptos, a fabricaçom da pedra filosofal. Numha das láminas do livro de Flamel, aparece a fonte misteriosa que brota ó pé dum carbalho, e que produz o disolvente universal. Este elemento é fundamental para a obtençom do elixir que proporciona a vida eterna. Esta figura (alegórica ou nom) foi traspasada despóis, a través da tradiçom gnóstica ó cristianismo, onde se interpretóu como o sangue que brota da ferida de cristo, ese sangue que, administrado na comunión, disolve todos os pecados, e proporciona outra vida eterna. Lembro todas estas cousas ó escoitar, no medio dum vagón de metro atestado, que tamén Voldemort persegue a fórmula de Flamel.

O Pinante Estresado

Érgome. Trabalho. Estudo. Durmo. Nos desprazamentos estoito en inglés as aventuras de Harry Potter en Hogwarts. Últimamente nom dou para máis.

DALET

Tejí la oscura guirnalda de las letras: hice una puerta: para poder cerrar y abrir, como pupila o párpado, los mundos.
Angel Valente.

Ser

"Lo importante no es (como muchos creen) ser uno mismo, porque eso forma parte del juego social. Querer ser uno mismo es una batalla perdida de antemano, porque el mundo sólo te ofrecerá dos caminos : los anteriormente expuestos [ganar dinero y gastar dinero]. No importa lo que hagas, si intentas ser algo, si intentas ser tú, el mercado te ofrecerá su trampa. Incluso si decides hacer justo lo contrario de lo que te ofrezcan, ahí encontrarás, dentro del propio mercado, la alternativa : ONGs, terapias alternativas, turismo rural, etc. No te engañes : son tan mercantiles como las otras (yo personalmente, de meterme en el mercado, prefiero hacerlo de frente, al menos uno sabe lo que hace). Pero hay un tercer camino : no ser nada. ¿Qué significa eso de no ser nada? Pues básicamente no pretender nada, no aspirar a nada, no querer ser nada. Ojo!, no es un abandono, o una nada pasiva. Se encuentra así, curiosamente, un camino personal, que sólo se descubre mirando hacia atrás."

"[...]la tensión entre los dos atractores opuestos del hombre : identidad y felicidad. El primero claramente perseguido por occidente, el segundo por oriente. El debate, en realidad, es complejo, porque la renuncia a la identidad es, en general, tan dolorosa, que la mayoría de los hombres preferirá renunciar a la felicidad antes que a la identidad (sea eso lo que sea para él).
De todas formas, a pesar de la sencillez de la idea, en el momento en que el hombre es un desvalido natural, y depende para su subsistencia de un sistema social establecido (nosotros ya hemos nacido en cautividad), el problema se complica enormemente. No podemos olvidar esto, porque nos arriesgamos a encontrarnos con interpretaciones del mensaje taoista como el de"Quién se ha llevado mi queso?", que podría enunciarse vulgarmente como "¿No eres feliz con un sistema que te dar por culo? : Hazte maricón". Hoy en día, no aspirar a nada, no ser nada, requiere un esfuerzo que nunca imaginaron los autores del mensaje. Pero no por ello pierde vigor : sólo requiere una claridad escasísima."
The Black Notebook

A porta

Toma o meu silencio, coma un lenzo en branco. Debuxa nel umha porta. Se ves que nom saio por ela, podes entrar sem chamar.

Lecturas

Existen múltiples raçoms para ler. Eu tenho a minha.
Hai quem lê para dizer que leu.
Hai quem lê para saber, conhecer cousas (reais ou nom). Lembrar o que se leu e aprender do lido.
Hai quem lê para desfrutar, ter, a través da leitura, vivencias novas e agradáveis.
Hai quem lê...
Eu leio para me comover. Leio, incluso cousas que nom gosto, nem me aportan nada, nem me ensinan nada, nem vou lembrar nunca en busca dumha página, un párrafo, umha linha que me comova.
Comover : mover por dentro. Que me cambie. Que deixe registro en mín de que pasóu. Esa é a minha memoria do lido.
Por iso leio.

-¿Lo creerás, morena? - dijo el mascarado - El congrio apenas se defendió.

Tautologías (I)

"Os excesos son malos"
A velha máxima Aristotélica do justo termo medio. Certa. Tautológica.
Cómo se mide um exceso? "O exceso de sucre fai dano". Pero canto sucre é exceso? Umha cucharada ó día? Dúas? Um kilo? O médico diría umha cantidade, ponhamos 100 gramos. Pero cómo se fijóu esa cantidade?. Porque alguén fixo um estudo en que concluíu que, a partir de 100 gramos ó día, o sucre fai mal. Logo : máis de 100 gramos é exceso. I entón a máxima queda "o sucre numha cantidade tal que fai dano fai dano".

Bet

BET
----
Casa, lugar, habitación, morada: Empieza así la oscura
narración de los tiempos: para que algo tenga duración,
fulguración, presencia: casa, lugar, habitación, memoria: se
hace mano lo cóncavo y centro la extensión: sobre las aguas:
ven sobre las aguas: dales nombres: para que lo que no está
esté, se fije y sea estar, estancia, cuerpo: el hálito fecunda
al humus: se despiertan, como de sí, las formas: yo reconozco a
tientas mi morada.
Jose Angel Valente. Tres lecciones de tinieblas.

Memoria

Nom tenho memoria. Sou memoria. E memoria som :
- As ruinas, as cicatrices
- Os medos, os desejos
- Os montes arrasados, umha árvore sem folhas
- O cheiro do chan molhado
- e as camas sem fazer.

Martes que é domingo

Escoitando as cintas con coplas e boleros que Jose grabóu para mín en caixas que sempre tinhan un corazón pegado, a volta a Madrid tem olor a recapitulaçom. Curiosa forma de memoria o eco longínquo de cancións apenas escoitadas. Um reconhece os sentimentos que un día forom propios e nom acaban de ser alheos, como a image, un día propia, numha fotografía velha.
Dizer que somos memoria é nom dizer nada.