Blogia

A cova do congro

Homenaxe a Fernando Vidal Olmos

(1) Había 8 anos que nom vía a Javi. Eu sabía que já nom ía pola universidade. Imposible topalo numha cidade de 300.000 habitantes. A minha única posibilidade de o localizar era convencer ás secretarias da universidade de que me deran o teléfono. Así que alí fun, sentéime numha cadeira disposto a ser convincente, i entón umha voz á minha esquerda fíxo saltar as leis da probabilidade. Umha orde cósmica deve haver, porque 13 horas dempóis, Javi colhía um avión e marchava de Las Palmas para nom voltar.
(2) Ao Robles tamén fazía 8 anos que nom o vía. Javi contóume que casara o mes anterior, que seguía alí. Se a lei da probabilidade saltara, cecáis é que nom havía tal lei. Foi ó sair da tetería do cuadro de Picasso, despóis de escrever o post anterior. Crucéi a rúa, miréi á terraza que tinha enfrente, e, coa naturalidade dumha cita acordada, acerquéime ó Robles e á súa mulher a lhe dar a minha noraboa polo enlace.
(3) A Jose só fazía dous anos que nom o vía. Míguel díxome que abrira umha perruquería em Guanarteme, pola praza do Pilar, que nom sabía máis. Nom conhezo nem a zona nem a praza, así que paseo pola praia, cós pes no mar, deixándome levar, ata que, casi no final, como hai umha escaleira cumha bilha para lavar os pés, decido subir ó paseo. Justo frente a mín, um pouco máis adentro, hai umha praza. Acércome, e alí está a igrexa do Pilar. Ó lado umha perruquería : jose.es. Cando me achego, alguén dende a rúa pergunta por Jose, que sae á porta, míra á dereita e dí "pero tú que haseh aquí?"
Só faltava Elke, pero, num día e medio, nom se podía pedir tanto.

Ausencia

Ausencia

A minha cámara dí que saquéi esta foto o 11 de marzo, pero eu sei que nom hai luz nesa fiestra dende fai máis de dous anos.
Rúa Apodaca. Madrid

estranho mundo

estranho mundo

o mascarado esta a mirar o retrato azul de picasso, na sua teteria favorita de las palmas. o congro pideu para comer morena. i eu, coa palm, escribo, dende a teteria esta cronica absurda dumha viaxe estranha.

Crenzas

A un visitante que aseguraba no tener necesidad de buscar la Verdad, porque ya la tenía en las creencias de su religión, le dijo el Maestro:
"Había una vez un estudiante que nunca llegó a convertirse en un matemático, porque creía ciegamente en las respuestas que aparecían en las últimas páginas de su texto de matemáticas; ... y aunque parezca paradójico, las respuestas eran las correctas. "

Anthony deMello

Dona Tomasa

Dona Tomasa

Sento no tren entre umha rapaza que le Charlie y la fábrica de chocolate, e um velihno que dormita sobor de um libro de salmos, aberto na página de Sabado II, Laudes. Na estaçom espera o meu pai, e imos directamente ó tanatorio. Morréu dona Tomasa, ós 101 anos. Doña Tomasa. Na ilha era todo um persoaje. Zamorana de nacemento, véu de mestra e casóu có dono da fábrica de conservas. Eu lémbroa já velha e faladora incansábel, arrogante e dictatorial, sempre no séu papel de terrateniente do povo. Tío Juanito, que morréu fai máis de 50 anos, deixóulhe escrito o epitafio, que tenho intençom de depositar, esta tarde, na súa tumba :

No crean que esto es un cuento
que en este sitio sagrado
descansa ya un elemento
que en vida fue de cuidado

Mala como un vendaval
que todo lleva y arrasa
fue maestra nacional
y se llamaba Tomasa.

Feridas

Ás vezes, as feridas que um deija em outros, doen máis que as propias.

Días

Os días pasan sobor de min como as mareas : batendo ligeiramente o mar, e sen deixar pegada.

Don Peregrino

Don Peregrino

De Don Peregrino Reboiras (na foto bendecindo umha moto) contan en Pontevedra gran cantidade de anécdotas. Cura párroco de Santa Maria, home da antiga escola, conservador, tradicional e tradicionalista, foi o autor de frases como “a la virgen se le aprovecha todo, como al cochinillo” ou “como dijo Jesucristo,... y en parte tenía razón...” e de cruzadas como a emprendéu contra a minifalda na que afirmaba “ya estamos el obispo y yo metiéndole mano”. Tinha Don Peregrino umha espontaneidade aldeán que o fixo querido por todos.
A falta de recato na vestimenta da juventude era precisamente umha das súas maiores preocupaçoms alá polos revoltos anos 60 e 70. Neste contexto prodúcese o seguinte suceso que escoitéi por boca do espectador :
Os domingos que saía pescar, Sieira madrugaba para ir a misa de 6 e media. Vestido coas botas de goma e pantalóns de auga asistía a Santa María a escoitar a Don Peregrino. Naquela ocasión, como era habitual a esas horas, havía na igrexia apenas catro beatas. No momento do sermón, Don Peregrino voltóu sobor do tema da pouca vergonza das mulheres actuais. Pero, para sorpresa de Sieira, en vez de falar en geral, a ira de Don Peregrino foi dirigida directamente en segunda persoa contra as catro proves feligresas enlutadas que tinha diante. Así Don Peregrino criticóu a roupa das beatas e os seus costumes licenciosos cum encarnizamento certamente fora de lugar. Atacóu a ligeireza da súa roupa, os hombros descubertos, as faldas curtas, a roupa ajustada… Sieira, mirava com estupor ás beatas e nom entendía nada. Mentres, don Peregrino abroncava ás mulheres con toda a súa carraxe, i éstas encolhían sen entender nada. Ó rematar a misa, Sieira nom resistéu a indignaçom e foi falar con Don Peregrino : “Pero padre, ¿Cómo le echa semejante bronca a estas pobres mujeres, que no pueden vestir con más recato?”, ó que o cura, recuperando o resuelho despóis do esforzo, respostóu : “Calla hombre, calla : es que estoy ensayando para misa de once”

Des-orde-nada

Para liberar a tensón, saio a pasear polo centro. Merco DVDs, um pantalón de cocinheiro, e, numha tenda de plásticos, un enorme bolsón de bolinhas de forespán. Caminhando có saco ó lombo, parezo umha especie de Papa Noel que leva neve na bolsa. Nom entra por : os andamios da rúa, a porta do metro, a do portal. Bueno, apretando un pouco sí que entra, pero o plástico tan fino da bolsa racha e vaise quedando com buratinhos, e entón parezo pulgarcito deijando o rastro polo chau para voltar a casa. Encima, cando chego, o meu temor confírmase : tenho bolinhas para encher 3 ou 4 pufs. Dende logo, hai días que a cabeza nom rexe.
Pola noite, umha enorme jaqueca. Sinto medo. Ás vezes penso qué será iso de estar tolo, e os días en que tenho jaqueca, penso que debe de se parecer bastante. Cecáis sen dor, pero com os pensamentos obsesivos, sen control do cerebro, sen poderse relaxar, nem pensar em cousas agradáveis : nom ter control do pensamento, iso debe ser estar tolo. A minha amiga L. tem um mozo maniaco-depresivo. Cando tenha máis confianza com ele, eilhe perguntar o que se sinte.
Vomito e o cerebro reláxase. Os cubos flotantes gigantes desaparecen. Podo durmir. Pergúntome entón polas absurdas relaçoms entre fenómenos fisiológicos tan distintos coma a digestión e o pensamento. Pásame o mesmo coa melancolía que me entra coa chuvia, ou a energía e ánimo có sol e a primavera. Sempre me parecéu um absurdo que o estado de ánimo poida depender de asuntos tan arbitrarios.
Ó erguerme, todo está en orde. Tenho sono, fame e ganas de mexar. Volto ser fisiología.
E um correo rescátame do autismo.

Peche de Madrid Rock

Peche de Madrid Rock

Aos amanuenses que din que Madrid Rock pechóu pola competencia desleal da piratería, habería que ensinarlhes as colas que había fai dúas semanas na porta para entrar, só porque facían un 20% de desconto. É o mesmo. Ó final, aos consumidores e aos trabalhadores só lhes queda o dereito ó pataleo. Esa é umha das poucas diferencias entre umha democracia e umha dictadura : que na democracia um tem dereito ó pataleo.
E hai xente que pensa que é suficiente.
Gran Vía. O 18/03/2005.

Pataleos

Só para ilustrar o post do Madrid Rock, estas verdades de Boadella sobre o carácter confirmista e victimista de este país :
"Yo en aquella época era hijo de anarquistas y por lo tanto tenía un determinado tipo de formación. Yo estaba absolutamente en contra de ir a alguna manifestación a recibir palos. Yo soy de los que creen que los palos en todo caso hay que repartirlos, pero nunca ir a recibirlos. Y a mí me indignaba absolutamente esta oposición absolutamente masoquista y acojonada del franquismo. Lo cual finalmente se demostró porque Franco murió en la cama tranquilamente. Y si hubiera durado veinte años más hubiera muerto en la cama. ¿Por qué? Porque finalmente una parte importantísima de la oposición franquista era muy posibilista y no se quería jugar nada, es decir, no querían arriesgarse la cartera. Como yo me encontré a mi alrededor con esta situación, pues yo jamás intervine en esas cosas. A mí irme a una asamblea para que después al salir me pidieran el carnet de identidad y me convocaran a una comisaría para ver que había ocurrido y darme de hostias, pues me pareció un masoquismo imbécil. Ahora bien, si hubieran tratado de dinamitar, pues hubiera estado totalmente dispuesto. Y si hubieran tratado de organizar una manifestación para repartir nosotros las hostias entonces también hubiera sido el primero en hacerlo. La prueba es que las pocas intervenciones que tuve siempre las tuve violentas. Pero me cansé de andar con una pandilla de gente... Hombre, el miedo lo teníamos todos, yo también tenía mucho miedo; pero me parecía que la forma de enfrentarse al franquismo no era la que correspondía a mi manera de entender estas cosas. Yo me hubiera sentido más en mi salsa pues, no sé, en la revolución argelina o en cualquier otra parte. En la revolución argelina haciendo saltar franceses me hubiera gustado más que estar aquí aguantando palos en las manifestaciones."

O Samaro

Antes de que umha vea rota no cráneo lhe fixera perder 80 anos de gesto hierático, numca vira um sentimento no rostro do Samaro. Nom séi se por ser o meu avó, por ser tan reservado, ou simplesmente por ser um marinheiro que levantaba cum brazo umha corda de 6 metros de mexilón, sempre me parecéu um ser superior, alheo a este mundo, caseque sobrenatural.
Se a recta é o caminho máis curto entre o nacimento e a morte, o Samaro sempre foi um home de vida recta : erguíase ás 5 a manhá, ía á batea na dorna Alaska, voltava ás dúas, cando a avoa já levava tempo dicindo “onde andará este home que tanto tarda?”, e comía o que a mín me parecía um saco de arroz con chopo. Despóis sentávase a ver o parte, e a ler umha novela mil vezes manoseada, umha Selecciones del Readers’ Digest, ou, fazendo umha concesión á súa paixón, repasava o grande atlas que había numha bandexa baixo o televisor. Despóis ía jogar a partida, e, sobor das 7, voltava buscar á minha avoa, para iren ambos pasear. No tempo, colhía a legonha, cavaba a terra, apanhaba patacas…. Ese foi o programa diario ata que as forzas forom falhando e jubilóu.
Despóis, buscar formas de ser útil, ajudar onde sea, e, ao final, só intenta nom molestar.
Agora, ese home de ferro, que numca berróu, nem se queixóu, que aceptóu o que a vida lhe dóu con agradecemento, e o que lhe negóu con abnegaçom, ve, impotente, como nom pode controlar os seus sentimentos. Tórceselhe o gesto se lembra a velhos amigos, se fala de cómo era a Ilha antes, ou da tortilha que fai a avoa. Pero chora tamén se olvida pechar a bilha, ou vem alguén de fora, ou se me pregunta cómo me vai.
Fai um par de meses, este home de vida recta coma um pau, veu onda mín a me dar o único conselho que numca lhe escoitéi. Dijome : “entre peneira e funil, elige peneira”. E, ocultando a cara, voltóu chorar.

Músculos

Músculos

No lugar de este gimnasio, numha esquina da plaza da Lúa, había antes umha magnífica livraría. Parece que o cerebro está deixando de ser o músculo máis importante.

Collage

Collage

Tarde de primavera en Madrid. Lástima que nom poida ponher aquí a banda sonora. O senhor das copas facía umha preciosa melodía.

Dentro

Sinto medo aquí dentro. Um buzo cumha máscara veu a me ponher un bozal. Disque o trabalho nom lhe deixa, de momento, jogar comigo.

Actitudes

Los que somos aficionados a los toros conocemos la importancia de la cadencia rítmica en la manera de enfrentarse a una fiera de media tonelada. Cuando el torero consigue sentir el tiempo justo que necesita la bestia, su riesgo es mínimo, y la brutalidad de la naturaleza es aplacada por la destreza del hombre. Ya no hay azar, pues todo parece formar parte de los acontecimientos más naturales. [.....] No saber penetrar así en el ritmo de la vida comporta aumentar el riesgo de incidentes innecesarios, y en una escala menor, significa telefonear alegremente a los amigos cuando están comiendo, meando, follando o durmiendo.
Albert Boadella.

Miradas

Miradas

¿?

Com pacencia de pescador, que acode á cita do mar tentando sacar umha peza, baixo a Mutador por ver se hai congros, pero na pantalha de Rico só hai um koala. Por iso, estou já a pensar num congro-bolsa para cubinhos de xeo, que irá melhor, no vran, para esas azoteas de Compostela.

A sexta

En Le rendez-vou de Paris, de Rohmer, a parelha protagonista, num momento dado, deciden pasar um día na súa cidade, Paris, como se fosen estrangeiros. Cítanse na estaçom de comboio, com mochilas, e comezan a ver a cidade com olhos de turistas, como se todo fose novo. A sexta, por Madrid, sen pensalo, eu fixen o mesmo : fun um turista. Paseéi polo bairro das letras, Huertas, La Latina, entréi na igrexia do Cristo de Medinacelli, onde centos de persoas daban a volta á mazá facendo cola para bicar a figura, entréi nos cafés velhos, olhéi para os edificios, sem presa, coma se fose a primeira vez, e descobrín tantas cousas que nom tinha visto pese a pasar polo lado tantas vezes. Durante caseque cinco horas disfrutéi de Madrid numha tarde de primavera. Ía só, pero sentíame extranhamente acompanhado : fun comer ó Donzoko, rematando de ler La Dama de las Camelias. Pensando nas cortesanas decimonónicas baixéi polo Paseo do Prado ata os livreiros de Moyano, onde merquéi Manon Lescaut. Detrás da Praza Maior merquéi um livro de Corto Maltés. E por último, numha livraría de segunda man merquéi, por 3 euros, um ejemplar em perfecto estado da sacrosanta enciclopedia do Doutor Lopez Ibor.
Por ver se te conhezo melhor.

SexShop

SexShop

Rúa Valverde.