Blogia
A cova do congro

Flamel

Na página 114 do meu ejemplar do Fulcanelli, fálase do adepto Nicolás Flamel, autor do libro Figuras simbólicas de Abraham el judío, no que se detalha, de forma hermética e só entendivel para adeptos, a fabricaçom da pedra filosofal. Numha das láminas do livro de Flamel, aparece a fonte misteriosa que brota ó pé dum carbalho, e que produz o disolvente universal. Este elemento é fundamental para a obtençom do elixir que proporciona a vida eterna. Esta figura (alegórica ou nom) foi traspasada despóis, a través da tradiçom gnóstica ó cristianismo, onde se interpretóu como o sangue que brota da ferida de cristo, ese sangue que, administrado na comunión, disolve todos os pecados, e proporciona outra vida eterna. Lembro todas estas cousas ó escoitar, no medio dum vagón de metro atestado, que tamén Voldemort persegue a fórmula de Flamel.

0 comentarios