Blogia
A cova do congro

Sectas

Vivimos rodeados de aliens : individuos de aparença normal, pero que en realidade son vainas, cáscaras, onde viven pequenos parásitos insertados por sectas de todo tipo.
Lembro coma se fose hoxe o día que a hermana Johnson e a hermana Caicedo se presentaron na porta da minha casa de Pontevedra. Elder Johnson era umha nórdica alta e espigada, loira, e de pelo longo. Elder Caicedo era baixinha, regordeta, e cum pelo negro que lhe chegaba escasamente ós hombreiros. Ambas vestían impecable traxe de chaqueta escuro com camisa branca : o uniforme mormón. Entre ambas, informáronme da message deixada por José Smith ás igrexias de América, deixáronme umha fermosa ediçóm do Libro del mormón para que reflexioara, e despóis marcharon. Eu fiquéi pensando nos dous anos que os mormóns están obrigados a perder neste tipo de misións.
Algún tempo despóis apareceron pola porta dúas testemunhas de Jehová. O aspecto cáseque monxil das dúas senhoras amosava que o aparato de marketing de Marín nom podía compararse có de Utah, pero traían tamén a súa message : o pouco tempo que me quedava para salvar a minha ánima. Eu informéilhes da minha mutilaçom : perdera a fe, nom cría em Deus. Elas simularom sorpresa e um pequeno escándalo, buscaron mentalmente a resposta apropiada no manual e umha dixo : "Pero hombre, ¿no ves que hasta los científicos dicen que este mundo lo tiene que haber creado una mente superior? Por ejemplo : el mecanismo del ojo humano, es de una precisión inigualable". Eu suspiréi interiormente, miréi con incredulidade á parelha, sinaléi os meus anteolhos e dixen : "e Deus tinha algún problema comigo?".
Onte, paseando cerca do congreso, acercóuse um elegante membro da Igrexa da Cienciología a entregarme um deses panfletos inspirados na Dianética de Hubbard, que, ilustrado coa foto de Einstein, rezaba : "Sólo utilizamos el 10% de nuestro cerebro". Nom puiden resistirme. Miréi ó tipo ós olhos e díxenlhe : "Alguns, nom chegan ó 5%"

0 comentarios