Gratis
O asunto das cousas gratis no metro comeza a ser preocupante. Comezaron os periódicos "Metro" e "20 Minutos". Fai pouco o grupo Recoletos decidíu entrar no tema regalando "Qué" (maquetado coma o Marca), e agora, na saida de Nuevos Ministerios, tropezase de fronte cums tipos con petos de cores (azul o de "20 minutos", rojo o "Qué", e verde o "Metro") que máis que regalar periódicos parecera pola insistencia que pediran algo. Pois aínda hai máis. Desde hai un par de semanas, já regalan tamén (nom séi qué días) o diario deportivo "Crack 10". Tamén aparecéu un diario vespertino "Ahora", que a mín me parece que tem ums tintes um pouco fachas. E hoje, por fín, o que faltava : o semanario "Corazón".
Máis :
A semana pasada regalavam barritas Kellogg's de cereáis. Esta semán estavam os de Nestea a regalar botes na entrada do metro e máis do Cercanías. Regalavam tamén un sobre con semente de margaridas. Bó detalhe. Eu acerquéime o luns a pedir um bote. Abríronme um de limón mentras a rapaza, cumha voz completamente atonal, dizía "La naturaleza te da sed. Nestea te la quita". Eu, que prefiro o de laranja, pedín outro bote. A rapaza abreuno mecánicamente, sem me mirar, dizindo, coma se có bote novo eu fose um tipo novo "La naturaleza te da sed. Nestea te la quita". Doume pena. Tinha cara de estar hasta os c*lh*ns. Pensava eu nos que disenhan este tipo de campanhas. Se o estribilho tivese algún efecto sobre o consumidor, a prove rapaza debería pasar a vida bebendo Nestea.
Onte regalavam umha bebida energética mentras umha go-go danzaba epilépticamente numha plataforma, iluminada (en lugar do foco nocturno de rigor), polo sol de justicia das 6 da tarde. A pesar da escueta faldinha e o top, a probe suava sem parar. Hoje, ás 8 da manhá, já estava outra volta o dj pinchando house, coa plataforma preparada.
Persoalmente, síntome estranho có fenómeno, e sigo buscando, no chao, a mantinha onde ponher umhas moedas.

0 comentarios