Blogia

A cova do congro

Argullol (1)

"La precipitación puede tener consecuencias funestas pero el estado de indecisión es funesto en sí mismo. A medida que pasa el tiempo se agranda el foso que separa la sensación del pensamiento. Y al fin no sabemos ni lo que pensamos ni lo que sentimos."
Rafael Argullol

Comprobo hoje, con dor e con alivio, que tampouco en tres anos te olvido, Yolanda

A ciaccona

Ás vezes dame por analizar o que fago, e tratar así de comprender a ese estranho que, á miudo, son para mín propio.
Dende fai umha semana, nom deixo de escoitar a Ciaccona das partitas de Bach. Ó contrario que a marcha fúnebre de Chopin, que sempre me parecéu umha peza infantil deliciosa, a Ciaccona (que de nome é umha danza), paréceme umha elegía longa e lúcida. Sen a solemnidade de outras pezas orquestales, sem a grandiosidade dum Requiem, a ciaccona, desnuda nas cordas dum só violín, convócame o sentimento, real e legítimo, privado, que sinte um home ante a morte.
Dende que Helga Thoene descobrira os temas corales escondidos na partitura, houbo moitos estudos que afirman que a Ciaccona é o epitafio de Bach para a súa mulher María Bárbara, que morrera pouco antes. Incluso o Hilliard Ensemble se atrevéu a grabar a peza coas coráis interpostas, num ejercicio de dudoso gosto musical que foi éxito de vendas. Qué absurdo me resulta ese intento de descifrar o sentimento, de explicar a música.
Nom sei se é um epitafio, pero sei que nom transmite dor. Ante a morte, nom se sente dor. Conta Montaigne no ensaio sobor da Tristeza (se nom lembro mal), a historia dum home que choróu na morte do seu criado, e na morte dum can moi querido, pero cando morréu un filho seu, nom soltóu umha bágoa. Preguntado do motivo, respodéu “é que aquelas penas podían expresarse con bágoas”.
É certo. Eu nom choréi o día que morreu Yolanda.

Mudanças

Din que nas mudanças sempre se perden cousas. Nesta última, eu perdín moitas que quería deixar atrás. O que nom sabía é que tamén se topavam outras. Numha carpeta, da anterior mudanza, aparece o Principinho de Rico (Pulsar en Estudio->Filosofía para velo), que paso a ponher ó lado da tartaruga Casiopeia, enriba do lobo Orbil, que parece o raposo do capítulo XXI.

Did the clown/Make you smile?

Escoito, Morena, o teu disco com mensagem, e exercítome na esteganografía musical lembrando o perfect day do sábado e os mingling arms through/ a darkness where new lights begin and/ increase" en Carnival Town...
E o caixón arrecende a canela.
Gracias, Morena.

Luzes de bohemia

Recevo a túa message e nom sei se envídio máis a luz, a música ou o chan da cozinha. Nom tenho Village Green aquí. Tarareo mentalmente a cançom, miro a túa foto con peluca rosa e, absurdamente, síntome um pouco acompanhado.

Hai outra vida?

"Es posible que la vida al aire libre, directa y sin limites, que ahora estamos practicando, no sea compatible con determinado grado de estupidez e ineptitud provocado por la cultura intensiva. Es decir la tragedia consiste en que llega un momento en la vida en que sólo se puede tolerar el sol embotellado y el aire descrito en los libros. La cultura es una forma enfermiza de vida"
Josep Pla. Un viaje frustrado.

EINSAMKEIT (2)

EINSAMKEIT (2)

c/El Cafeto (Mendez Alvaro). Madrid. 31/01/2005

Somos

Somos

"Un hombre de las viñas habló, en agonía, al oído de Marcela. Antes de morir, le reveló su secreto:
-La uva -le susurró- está hecha de vino.
Marcela Pérez-Silva me lo contó, y yo pensé: Si la uva está hecha de vino, quizá nosotros somos las palabras que cuentan lo que somos."
Eduardo Galeano. El libro de los abrazos.

Para que esteas

Para que esteas

Para que esteas
--------------------
O vento arrastra as promesas incumpridas
e a neve trae, envolta en cristal, a nostalgia
pendurados das farolas ficaron as froitas dos sonhos.

O ar introdúcese, mecánicamente, nos pulmóns, como para nos lembrar a obriga de viver
de seguir um pouco máis.
O sangre deslízase, denso e perezoso, polas veas.
Casi nom chegan pensamentos á mente.

Madrid
janeiro
ainda é noite

O recordo do mar é umha sombra
no lenzo da memoria.

Abismos

Abismos

As veces fico coa mirada fixa no abismo, coa mente en branco.
Entón tremo porque, moitas vezes,
nom topo razons
para nom saltar

Pensamento

Onde hai patrón, nom manda signo.

Bohemia

Bohemia

Nom contéi os escalóns da escada
do Pavilhón Briony.

Nom miréi o nome no buzón
a postal da porta
o tipo de pechadura.

Simplesmente subín.

Nom podería deducir a ocupación da Srta. Adler
polas letras gastadas na patinha dos óculos
o té de comercio justo.
o póster de Hiroshima mon amour.
Nem podería dizir se engordóu media libra
ou adelgazóu dúas.

En realidade, nem me importa.
E por iso, máis que por tudo o anterior
penso que numca levéi jaleco, nem gasto lupa, nem fumo en pipa
nem castigo polas noites um violín.

E escrevo no lugar de pensar
miro ó chan cando ando
dóeme a ferida do hombreiro
e lembro cómo me tremaba a alma ó zumbar as balas
polas noites
cando era médico
alá,
en Afganistán.

EINSAMKEIT

EINSAMKEIT

Um querería deixar, na pel da cidade, tatuajes coma este, que taparan tanta cicatriz de ladrilho.
O autor firma EINSAMKEIT (soedade), na rúa Barrilero (Mendez Alvaro). Madrid. 24/01/2005.

Tenho um corpo que ten que morrer
pero nom o sabe.
Mecánicamente come, respira, impulsa o sangue,
caminha. Así : sem pensalo. Coma se fose viver sempre.
I eu, que vivo dentro de este corpo manso e sumiso
dócil,
que obedece (cando pode)
ó meu pensamento
comezo, pouco a pouco, a lhe ter o carinho
que se ten ós cans
que nom morden.

É umha historia longa, a do meu corpo
un día, se me deixa, heina contar
pero diréi, como adianto,
que o meu corpo tivo um filho (com outro corpo)
e que agora, o corpo dese filho, leva, dentro, ó filho meu.

Nom séi cómo chega um a nacer num corpo
antes facíame estas perguntas
já nom
agora
miro pasar o tempo
e espero sentado
-sobre o cú do meu corpo-
o día en que o veja marchar
e lhe diga adéus velho amigo
já fico eu

sem o teu sostén.

"Morir todavía", nom era umha gran película. Pero tem umha de esas esceas que um nom esquece : o detective Kenneth Branagh localiza ó ex-sicólogo Robin Williams, que cambóu de vida e trabalha agora num matadoiro. O detective fala có desencantado carniceiro mentras morde, nervosamente, um bolígrafo. O carniceiro observa o gesto, e ofrécelhe un cigarro. “Estou deixando de fumar”, dí o detective. Entón o ex-sicólogo dilhe : “Um nom está deixando de fumar. Um é fumador ou nom fumador. Decida cal deles é vostede, e séxao”.
En épocas de cambio, a frase tem para mín a contundencia de um provervio chinés e a beleza de umha montanha : sinxela de admirar, difícil de subir.

Genealogía do mito (Kurgans III)

Genealogía do mito (Kurgans III)

Ó igoal que os Kurgans, o poder dos templarios comezóu a asustar aos gobernantes europeos, que, no século XIV ilegalizaron a orde, e ejecutaron ó último maestre, Jacobo de Molay. Desprovisto da súa facción de acción directa, a masonería tivo que pervivir de forma máis sutil como sociedade segreda, para poder gardar o saber hermético que posuían. Así a dupla EIRENE/EDLAR (Paz e Águia) forma parte do ideario das logias masónicas, i é a base da política de intervención social dos séus componentes, que na versión máis vulgar se consideran águias que levan a paz á sociedade.
Masón era, en segredo, um dos persoajes máis contradictorios do inicio do pasado século. Adalid da racionalidade, e conocido polo seu máis famoso persoaje, o detective Sherlock Holmes, Sir Arthur Conan Doyle era a mente hermética máis importante da súa época. Ainda que a súa afección polo ocultismo o levóu ao ridículo público cando déu crédito á famosa falsificación das fadas de Cottingley e aos poderes psíquicos de Houdini, Sir Arthur deijóunos o máis fermoso retrato de Edl-ar que conservamos. Na súa novela Un escándalo en Bohemia, aparece um misterioso persoaje que, en palavras do propio Watson é, para Shelock, a mulher (como fora, para Leonardo, Mona Lisa). Esta mulher, única capaz de vencer á inteligência de Sherlock Holmes, auténtico retrato do andrógino, a monstrua, a mulher que pensa coma um home, nom podía ter outro nome que a dupla hermética da masonería e ‘demo’ kurgan : Irene Adler.

P.S. O persoaje de Irene Adler en Escándalo en Bohemia, está rodeado de outras curiosidades :

- Irene Adler vive no Pabellón Briony. Briony (en castelán “nuez blanca”), é umha planta monoica (masculina e feminina á vez) utilizada dende antigo polos alquimistas na fabricación de filtros e velenos. De feito, a raíz do briony tem muita semelhanza coa mandrágora, ainda que mentras a mandrágora semella um home, a raíz da briony é andrógina, e por iso a planta recevía, en inglés, os nomes “mandrake” ou “womandrake” segundo a forma da raíz.
- Irene Adler, casa finalmente con Godfrey Norton. God-frey, literalmente “monje de Deus”. Norton, vem de NorthTown. Ó norte de Inglaterra está Escocia, cuna da masonería británica (o “rito escocés antiguo y aceptado”).
- Godfrey Norton nom trabalhaba en calquera sitio, senón que era advogado “del colegio de abogados de Inner Temple”. Inner Temple era um dos catro colegios de advogados que había en Londres, pero que sinifica, literalmente, o templo ou Temple interior.
- Cando vai a espiar a Irene Adler, Holmes disfrázase : “caracterizado de mozo de caballos, en busca de colocación. Existe entre la gente de caballerizas una asombrosa simpatía y hermandad masónica. Sea usted uno de ellos, y sabrá todo lo que hay que saber”
- Irene Adler casa na igrexa de Santa Monica, en Edgware Road. En Londres nom había nengumha igrexia de Santa Mónica. O que sí había, bastante preto, era a igrexia de San Agustín, patriarca do catolicismo, e conocido misógino, que era, casualmente, filho de Santa Mónica. A sustituçom de um misógino pola súa nai, parece umha reivindicaçom do papel feminino na religión.

Os Arai

Cren os Arai, tribu nómada do Este de Namibia, que o futuro é um livro que o vento escrive na area. Os velhos arai din que cando o vento sopla, escreve nas dunas do deserto os sucesos que marcarán as vidas de todos e cada um dos homes. Por eso, cando ventea no Kalahari, os Arai rezam, e pídenlhe ó vento que escreva cousas fermosas para eles. O bruxo da tribu pendura das árvores axóuxeres de seixos e jogas sonoras para que o vento leve com éle sons de ledicia e bemdiçom. As mulheres enredan cunchas de caracol no cabelo e os homes ponhen colares de ossos e cascas no peito e nos pes, e juntos dançan freneticamente fazéndoos soar. Tudo para que o vento os escoite, os conheza, e escreva na area boas historias para eles. Porque para os Arai todo o futuro está escrito ahí, na superficie da dunas, cambeantes cada día, do Kalahari.
A tribu dos Arai numca conhecéu a escritura. Cando os misioneiro brancos chegaron ó interior de Namibia, a mediados do século XIX, trataron de inculcarlhes esa habilidade, pero os Arai numca o aprenderon. “¿De qué vos serve ler”, perguntaban “se só podedes ler o pasado?”

Aaren, Oren e Airen

(I)
Aaren créu que nom podía soportar o frío. Cada día máis intenso, decidéu que nom aturava máis. Buscóu lenha, e fixo umha fogueira, e alí, ó calor do lume, feliz, quedóu a durmir. Aaren era esquimal. Era. Porque agora jaz, geado, debaixo do seu iglú, baixo o burato que provocóu a fogueira no gelo, o que o levóu ó fondo do lago.
(II)
Oren créu que nom podía soportar o frío. Cada día máis intenso, decidéu que nom aturava máis. Ergueuse e comezóu a trabalhar na construçom de um novo iglú, máis grande. Cando estivo terminado, Oren esperóu, pacientemente, a que Airem, a mulher que amaba, se decidise a habitalo. Agora, Oren e Airen danse calor, e se algumha vez tiveron frío, nom o lembran.

DeMello

A un discípulo que siempre estaba quejándose de los demás le dijo el Maestro: Si es paz lo que buscas, trata de cambiarte a ti mismo, no a los demás. Es más fácil calzarse unas zapatillas que alfombrar toda la tierra.
Anthony deMello