Blogia

A cova do congro

O penúltimo xerol

O penúltimo xerol

Ana de Gales infórmame de que descobréu, na súa viage a Brazil, que alí se producíu umha curiosa hibridaçom de um xerol com um cajueiro, o que producíu umha árbore cuias ramas-raices medran desproporcionadamente, ocupando já 8000 m2. Tomo nota para lho dizer a Xohan, que choróu cando lhe contéi a historia, pensando que o mundo se ía desintegrar coa morte do último xerol. Sí, Xohan, ainda fican, alomenos en Brazil.

Intrepidez

- ¿Qué es el amor?
- La ausencia total de miedo - le dijo el Maestro.
- ¿Y qué es a lo que tenemos miedo?
- Al amor - respondió el Maestro.

Anthony deMello

O mundo é complicado. A vida, polo contrario, é moi sinxela. Porque a vida é cambio, e o cambio, inevitável.

Cortar pola linha de pontos

Cortar pola linha de pontos

Fran Hervello

Identidade

Estou a buscar uma forma de comprobar a propia identidade, de entender os messages ocultos que recevo, de demostrar quém é um ainda estando longe. Quém dixo que era difícil conciliar a vida profesional coa personal?

laribintos

Pola noite, as rúas de Compostela som um labirinto que levam ó pavilhom Briony, onde Asterion, Ariadna e Teseo se confunden num só ser.

Medos

O mais perigoso de enfrentarse ós propios medos é vencelos. E que entón sejan substituidos por outros medos. Quém sabe se máis terriveis.

Sonhos

Voute contar um conto, morena, para que te durmas ó meu carón :
(I)
A pequena Luisa sonhava, cada noite, cum dinosaurio. Um disosaurio enorme, fero, que lhe metía muito medo porque a quería comer e a nena Luisa espertaba sempre a chorar, e marchaba pola manhá ó colexio tremando e con sono. Os pais chamaron ó doutor Freixo que dijo que a nena Luisa tinha um medio sonho malo, e que tinha que traer a durmir com ela ó neno Andrés. Os pais protestaron dizindo que ja provaram a durmir com ela, pero que a nena Luisa sonhaba o mesmo soa que acompanhada. Pero o neno Andrés foi, e á manhá seguinte a nena Luisa espertóu feliz e fresca, e numca máis volvéu sonhar con dinosáurios. Ós poucos días, os pais de Andrés foron a ver ós pais de Luisa e a dizirlhe muitas graças, dende que o médico lhe recetóu ó noso Andrés ir a durmir á vosa casa, ja nom sonha máis con aquel meteorito chocando coa terra que nom lhe deijava descansar.

(II)
O neno Luis sonhava, cada noite, que umha balea enorme quedava varada na praia e nom podía sair. Por moito que quería ajudala, a balea pesava demasiado e sempre acabava morrendo, momento no que o neno Luis espertava e a súa nai, que já levava tempo ó seu lado, o acarinhava e lhe dizía nom é nada, nom é nada, só um sonho. A Luis, que fose un sonho, nom lhe parecía que fose nada, e choraba. A nai de Luis decidíu entón chamar polo doutor Freixo, que fijo vir a durmir con él á nena Amalia, que disque sonhava, tódalas noites, que um povo enteiro de maninheiros morría de fame e frío.

(III)
O neno Felipe sonhava, cada noite, que o pai morría e quedava só no mundo. O pai nom se estranaóu ó principio do sonho, porque sendo viudo, quizáis era que o neno se sentía só. Pero cando o sonho ja durava moitos meses, foi chamar ó doutor Freixo para que fijera algo. O doutor Freixo miróu ó neno Felipe e dijo qué raro, é o mesmo sonho que sonha tódalas noites a nena Carme, a filha de Rosa a solteira. O pai do Felipe e a nai da Carme, que se gostavam dende fazía tempo, ejecutarom ligeiros, e com prazer, o remedio que o doutor Freixo lhes recetóu para os nenos.

(IV)
Um neno sem nome sonhava, tódalas noites, que era um home, um home grande que levava umha máscara, um home serio e grande que sonhava sempre, tódalas noites, que tirava a máscara e nom era um neno, um neno sen nome que quería sonhar.

Casualidades

"No hay casualidades", escribira certo día un febril Fernando Vidal Olmos no cabeceiro da súa cama. "No hay casualidades". Lola, minha Lolinha, cántas vezes mo dixestes?, i eu sigo cego, sí cego, ou deslumbrado, sen ser quém de ver coa mirada.
"Yo reconozco a tientas mi morada", agora Valente, dicía na súas Lecciones de tinieblas (Bet). Umha morada da que sí, tentamos traçar mapas, pero nom abarcamos.
A tentas, sí, a tentas, porque hai momentos em que o tacto é um senso máis fiavel (menos enganoso) que a vista. Eis o medo de Vidal Olmos ós cegos, por nom estarem ligados ós símbolos aristocráticos da realidade (enténdase aristocrácia, como o dominio das aristas, nítidas e cortantes, dumha realidade demasiado física).
Pero esa, a de gatear a cegas, é a sensaçom que sentía, no Pavilhom Briony, já no momento de rachar os papéis para ver qué parelho pensáramos, pero, sobor de todo, quando a estranha question que nom cheguéi a formular, foi sendo respondida longamente. Asombro e medo, sí, asombro.
E volto a Madrid sabendo algo máis de tí, de mín, e com umha ediçom fac-símile da que umha post-adolescente devéu ler, um 28 de xuño, perguntándome, sí, perguntando.

Baixo outra vez a Mutador. Chamo antes para saber se alguén está a régime, e como o único que minte é Manu, decido levar pastéis de San Onofre para todos. Hoje está Jorge, la hija, pero nom o congro de microondas. A minha queixa a Rico deriva ata o blog, e Jorge pergunta qué é um blog, que si "es como un fotolog pero sin fotos". Para amosarlho, saco a Palm e ensínolhe, Morena, o teu, e Jorge el pergunta que se a minha amiga é portuguesa. Ante a minha negativa, comprende i entón afirma, có seu acento de ribeirán emigrado : "ah!, que es integrista".
Sintome alí, sentado no chau de Tesoro 8, como se estivera na casa. Como se aqueles tres tolos fossen a minha familia. Un día vou ter que formalizar o meu posto nela. A metade dos papéis estavam repartidos muito antes de eu os conhecer: Manu "la madre", Jorge "la hija", Bugi (onde andas?) "la abuela", e Rico, penso, é o tío que veu de América. Eu devo ser o filho pequeno que numca marchóu da casa.
Baixo, e na tenda de arte da praza, merco un papel con lamininhas de madeira para te envolver outro paquete de joaninhas.

Citas

“Arráncame señora, las ropas y las dudas. Desnúdame. Desdúdame”.
Angel Gonzalez.

Tupperware

Tupperware

Corredera Alta de San Pablo. Rico posa ante a porta de, sí, o Tupper.

Million dollar baby

A memoria nom é lineal, e por iso, nista película feita para chorar, eu, choréi. Vaia por diante que a película está moi bem, e que sae um do cine có corazón encolhido, pero pensando que sabe cómo hai que fazer neste mundo para ser persoa.
Polo demáis, me toca mucho los cojones ese cine do american dream. Quer dizer : tí vives umha vida de merda, puteada, comendo restos, ignorada por todos, trabalhando 12 horas e entrenando polas noites, isto e : sen ter vida en absoluto, pero ó final quedas redimida e a túa vida pagóu a pena se consegues um hito no que eres algo, ganhas algo. Porque iso é o único que importa, ata nestas películas de perdedores : ganhar algo, "conseguer o teu sonho", ó que sempre se chega con trabalho.
A potencia da message do capitalismo, que consegue que ata os perdedores e os desheredados se identifiquen có trabalho, e, longe de loitar contra o sistema, ou de se ir ó campo a vivir coa natureza, ou dedicarse a ler e aprender cómo é o mundo, pónhense a competir contra outros coma eles, para conseguer un sonho do que, o sistema, receve um sustancioso rédito.
Nom, nom penso que ser persoa sea iso.
Por iso, pese a chorar e gostar da peli, saio do cine com esa estranha sensaçom de identificaçom e distancia coa que vía de xove as pelis do Vietnam, cando dicía "Venga Rambo, acaba ya con esos Charlies", e saía sentíndome orgulhoso de ser american, ata que, caminho da casa, decatábame de que, en realidade, eu nom era american, e que, de feito, estava moito máis cerca dos charlies que dos rambos. Entón sentía esa desorientaçom que se pode combater comendo filhoas ou bebendo cocacola.
Sí. O cine de perdedores. O cine de "persigue o teu sonho ainda que cho neguen". O cine de "loita coa gente, pero nom com o sistema".
De feito, a propia metahistoria da película é um ejemplo disto : o pobre Clint le um guión sobor de perdedores, e pouco atractivo. Seguro que pensa : com esta historia triste eu podo fazer umha gran película de chorar. Busca financiaçom, cóstalhe, aparece coma um incomprendido, pero ó final, il, que sí que está no sistema, aparece sorindo, diante da academia, có Oscarn na man, coma un triunfador, no extremo contrário ó herói que refleja a súa película. Eis o sonho american : ganhar.
Bravo, Clint.

Citas

"Un buen signo de vitalidad espiritual es tener una cita con Dios y olvidarse de acudir por estar ocupado en asuntos más importantes"
Rafael Argullol

A taza de té

A taza de té

Cada día, a primeira hora, leio nos pousos da minha taza de té, que ficóu sen limpar o día anterior, o meu futuro. Un futuro que consiste en limpar a taza, fazerme um té, e espertar ao presente máis urgente e inmediato.

Paseo

Paseo polo centro. En Montera, as pilinguis negocian caricias e ofrecem coa mirada paraísos venéreos que nom, nom son para min. Sempre me pergunto se haberá chulos que decidem cáis pode estar na rúa, ou van todas as que queren. É coma os que esmolam, ou os que tocan un instrumento na rúa : sempre están bem organizados, ata en Preciados ou Serrano. ¿Terán turnos? ¿Farán cola pola manhán para colher bom sitio? ¿Terám os séus chulos?
Sempre passam cousas, en Montera. Umha vez estava eu sentado no McDonnalds, numha fiestra que dá á rúa, mentras ó outro lado do vidro, pegado á minha hamburguesa um velho tratava de convencer a umha puta com umhas moedas de que alomenos lhe fixera umha palha, alí mesmo. Nom estava a cousa clara, pero finalmente o velho agarróu umha teta, e a puta colhéu os cartos cumha mau, e a polha do velho, dentro do pantalón, coa outra. Nom séi se o velho se corréu, pero eu comín a minha hamburguesa pensando qué estranho mundo.
Hoje, a gente mira entre curiosa e divertida a un tipo rodeado de catro policías, que fala ostentosamente polo móvil có seu advogado porque por lo visto, nom lhe deixam aparcar o seu BMW en zona prohibida.
Entro no portal que dá a umha tenda de livros de segunda man, e tres putas venhen tras de min. I é que nom podo evitar miralas ó pasar canda elas.
Vou a Tesoro 8 a ver a Rico e a Manu que acava de voltar de Londres. Bicos e historias. E saio de Mutador com dous tangas, umha webcam, um portacedés, um boli, umha piruleta, e a promesa de Rico de que esta semá estará o desenho do congro de microondas. Entérome tamén de que La Cuen deixóu Cortefiel para desenhar roupa para umha marca de talhas grandes do Corte Inglés. Cóstame muito maginar ó debuxante de aqueles preciosos e estilizados maniquís que adornavam a casa de Fuencarral pintando, na súa mesa de debuxo trajes e vestidos para gordas.
En L'Occitane en Provence merco um forêt des cèdres para trasplantar ó Pavilhom Briony.

Paraísos (2)

Com o Julio na cafetería, facemos repaso dos paraísos na terra. Pero o paraíso tampouco estava alí. Numca estivo alí.

Paraísos

Com o Julio na cafetería, facemos repaso dos paraísos na terra. Pero o paraíso nom pertencía alí, nom. Nem ficóu alí.

O monumento máis fotografado de Madrid. 24/02/2005.

O parque enfrente da casa. Está manhá.