Aaren, Oren e Airen
(I)
Aaren créu que nom podía soportar o frío. Cada día máis intenso, decidéu que nom aturava máis. Buscóu lenha, e fixo umha fogueira, e alí, ó calor do lume, feliz, quedóu a durmir. Aaren era esquimal. Era. Porque agora jaz, geado, debaixo do seu iglú, baixo o burato que provocóu a fogueira no gelo, o que o levóu ó fondo do lago.
(II)
Oren créu que nom podía soportar o frío. Cada día máis intenso, decidéu que nom aturava máis. Ergueuse e comezóu a trabalhar na construçom de um novo iglú, máis grande. Cando estivo terminado, Oren esperóu, pacientemente, a que Airem, a mulher que amaba, se decidise a habitalo. Agora, Oren e Airen danse calor, e se algumha vez tiveron frío, nom o lembran.

0 comentarios