Bohemia
Nom contéi os escalóns da escada
do Pavilhón Briony.
Nom miréi o nome no buzón
a postal da porta
o tipo de pechadura.
Simplesmente subín.
Nom podería deducir a ocupación da Srta. Adler
polas letras gastadas na patinha dos óculos
o té de comercio justo.
o póster de Hiroshima mon amour.
Nem podería dizir se engordóu media libra
ou adelgazóu dúas.
En realidade, nem me importa.
E por iso, máis que por tudo o anterior
penso que numca levéi jaleco, nem gasto lupa, nem fumo en pipa
nem castigo polas noites um violín.
E escrevo no lugar de pensar
miro ó chan cando ando
dóeme a ferida do hombreiro
e lembro cómo me tremaba a alma ó zumbar as balas
polas noites
cando era médico
alá,
en Afganistán.

0 comentarios