Blogia
A cova do congro

Xerfas

Para que esteas

Para que esteas Para que esteas
--------------------
O vento arrastra as promesas incumpridas
e a neve trae, envolta en cristal, a nostalgia
pendurados das farolas ficaron as froitas dos sonhos.

O ar introdúcese, mecánicamente, nos pulmóns, como para nos lembrar a obriga de viver
de seguir um pouco máis.
O sangre deslízase, denso e perezoso, polas veas.
Casi nom chegan pensamentos á mente.

Madrid
janeiro
ainda é noite

O recordo do mar é umha sombra
no lenzo da memoria.

Bohemia

Bohemia Nom contéi os escalóns da escada
do Pavilhón Briony.

Nom miréi o nome no buzón
a postal da porta
o tipo de pechadura.

Simplesmente subín.

Nom podería deducir a ocupación da Srta. Adler
polas letras gastadas na patinha dos óculos
o té de comercio justo.
o póster de Hiroshima mon amour.
Nem podería dizir se engordóu media libra
ou adelgazóu dúas.

En realidade, nem me importa.
E por iso, máis que por tudo o anterior
penso que numca levéi jaleco, nem gasto lupa, nem fumo en pipa
nem castigo polas noites um violín.

E escrevo no lugar de pensar
miro ó chan cando ando
dóeme a ferida do hombreiro
e lembro cómo me tremaba a alma ó zumbar as balas
polas noites
cando era médico
alá,
en Afganistán.

Tenho um corpo que ten que morrer
pero nom o sabe.
Mecánicamente come, respira, impulsa o sangue,
caminha. Así : sem pensalo. Coma se fose viver sempre.
I eu, que vivo dentro de este corpo manso e sumiso
dócil,
que obedece (cando pode)
ó meu pensamento
comezo, pouco a pouco, a lhe ter o carinho
que se ten ós cans
que nom morden.

É umha historia longa, a do meu corpo
un día, se me deixa, heina contar
pero diréi, como adianto,
que o meu corpo tivo um filho (com outro corpo)
e que agora, o corpo dese filho, leva, dentro, ó filho meu.

Nom séi cómo chega um a nacer num corpo
antes facíame estas perguntas
já nom
agora
miro pasar o tempo
e espero sentado
-sobre o cú do meu corpo-
o día en que o veja marchar
e lhe diga adéus velho amigo
já fico eu

sem o teu sostén.