Blogia
A cova do congro

Million dollar baby

A memoria nom é lineal, e por iso, nista película feita para chorar, eu, choréi. Vaia por diante que a película está moi bem, e que sae um do cine có corazón encolhido, pero pensando que sabe cómo hai que fazer neste mundo para ser persoa.
Polo demáis, me toca mucho los cojones ese cine do american dream. Quer dizer : tí vives umha vida de merda, puteada, comendo restos, ignorada por todos, trabalhando 12 horas e entrenando polas noites, isto e : sen ter vida en absoluto, pero ó final quedas redimida e a túa vida pagóu a pena se consegues um hito no que eres algo, ganhas algo. Porque iso é o único que importa, ata nestas películas de perdedores : ganhar algo, "conseguer o teu sonho", ó que sempre se chega con trabalho.
A potencia da message do capitalismo, que consegue que ata os perdedores e os desheredados se identifiquen có trabalho, e, longe de loitar contra o sistema, ou de se ir ó campo a vivir coa natureza, ou dedicarse a ler e aprender cómo é o mundo, pónhense a competir contra outros coma eles, para conseguer un sonho do que, o sistema, receve um sustancioso rédito.
Nom, nom penso que ser persoa sea iso.
Por iso, pese a chorar e gostar da peli, saio do cine com esa estranha sensaçom de identificaçom e distancia coa que vía de xove as pelis do Vietnam, cando dicía "Venga Rambo, acaba ya con esos Charlies", e saía sentíndome orgulhoso de ser american, ata que, caminho da casa, decatábame de que, en realidade, eu nom era american, e que, de feito, estava moito máis cerca dos charlies que dos rambos. Entón sentía esa desorientaçom que se pode combater comendo filhoas ou bebendo cocacola.
Sí. O cine de perdedores. O cine de "persigue o teu sonho ainda que cho neguen". O cine de "loita coa gente, pero nom com o sistema".
De feito, a propia metahistoria da película é um ejemplo disto : o pobre Clint le um guión sobor de perdedores, e pouco atractivo. Seguro que pensa : com esta historia triste eu podo fazer umha gran película de chorar. Busca financiaçom, cóstalhe, aparece coma um incomprendido, pero ó final, il, que sí que está no sistema, aparece sorindo, diante da academia, có Oscarn na man, coma un triunfador, no extremo contrário ó herói que refleja a súa película. Eis o sonho american : ganhar.
Bravo, Clint.

0 comentarios