Blogia
A cova do congro

Paseo

Paseo polo centro. En Montera, as pilinguis negocian caricias e ofrecem coa mirada paraísos venéreos que nom, nom son para min. Sempre me pergunto se haberá chulos que decidem cáis pode estar na rúa, ou van todas as que queren. É coma os que esmolam, ou os que tocan un instrumento na rúa : sempre están bem organizados, ata en Preciados ou Serrano. ¿Terán turnos? ¿Farán cola pola manhán para colher bom sitio? ¿Terám os séus chulos?
Sempre passam cousas, en Montera. Umha vez estava eu sentado no McDonnalds, numha fiestra que dá á rúa, mentras ó outro lado do vidro, pegado á minha hamburguesa um velho tratava de convencer a umha puta com umhas moedas de que alomenos lhe fixera umha palha, alí mesmo. Nom estava a cousa clara, pero finalmente o velho agarróu umha teta, e a puta colhéu os cartos cumha mau, e a polha do velho, dentro do pantalón, coa outra. Nom séi se o velho se corréu, pero eu comín a minha hamburguesa pensando qué estranho mundo.
Hoje, a gente mira entre curiosa e divertida a un tipo rodeado de catro policías, que fala ostentosamente polo móvil có seu advogado porque por lo visto, nom lhe deixam aparcar o seu BMW en zona prohibida.
Entro no portal que dá a umha tenda de livros de segunda man, e tres putas venhen tras de min. I é que nom podo evitar miralas ó pasar canda elas.
Vou a Tesoro 8 a ver a Rico e a Manu que acava de voltar de Londres. Bicos e historias. E saio de Mutador com dous tangas, umha webcam, um portacedés, um boli, umha piruleta, e a promesa de Rico de que esta semá estará o desenho do congro de microondas. Entérome tamén de que La Cuen deixóu Cortefiel para desenhar roupa para umha marca de talhas grandes do Corte Inglés. Cóstame muito maginar ó debuxante de aqueles preciosos e estilizados maniquís que adornavam a casa de Fuencarral pintando, na súa mesa de debuxo trajes e vestidos para gordas.
En L'Occitane en Provence merco um forêt des cèdres para trasplantar ó Pavilhom Briony.

2 comentarios

ocongro -

Podemos negociar un fullmonty, cara.

irene adler -

entom dos tangas nom imos ver nada cá ;-)?