Blogia
A cova do congro

Sonhos

Voute contar um conto, morena, para que te durmas ó meu carón :
(I)
A pequena Luisa sonhava, cada noite, cum dinosaurio. Um disosaurio enorme, fero, que lhe metía muito medo porque a quería comer e a nena Luisa espertaba sempre a chorar, e marchaba pola manhá ó colexio tremando e con sono. Os pais chamaron ó doutor Freixo que dijo que a nena Luisa tinha um medio sonho malo, e que tinha que traer a durmir com ela ó neno Andrés. Os pais protestaron dizindo que ja provaram a durmir com ela, pero que a nena Luisa sonhaba o mesmo soa que acompanhada. Pero o neno Andrés foi, e á manhá seguinte a nena Luisa espertóu feliz e fresca, e numca máis volvéu sonhar con dinosáurios. Ós poucos días, os pais de Andrés foron a ver ós pais de Luisa e a dizirlhe muitas graças, dende que o médico lhe recetóu ó noso Andrés ir a durmir á vosa casa, ja nom sonha máis con aquel meteorito chocando coa terra que nom lhe deijava descansar.

(II)
O neno Luis sonhava, cada noite, que umha balea enorme quedava varada na praia e nom podía sair. Por moito que quería ajudala, a balea pesava demasiado e sempre acabava morrendo, momento no que o neno Luis espertava e a súa nai, que já levava tempo ó seu lado, o acarinhava e lhe dizía nom é nada, nom é nada, só um sonho. A Luis, que fose un sonho, nom lhe parecía que fose nada, e choraba. A nai de Luis decidíu entón chamar polo doutor Freixo, que fijo vir a durmir con él á nena Amalia, que disque sonhava, tódalas noites, que um povo enteiro de maninheiros morría de fame e frío.

(III)
O neno Felipe sonhava, cada noite, que o pai morría e quedava só no mundo. O pai nom se estranaóu ó principio do sonho, porque sendo viudo, quizáis era que o neno se sentía só. Pero cando o sonho ja durava moitos meses, foi chamar ó doutor Freixo para que fijera algo. O doutor Freixo miróu ó neno Felipe e dijo qué raro, é o mesmo sonho que sonha tódalas noites a nena Carme, a filha de Rosa a solteira. O pai do Felipe e a nai da Carme, que se gostavam dende fazía tempo, ejecutarom ligeiros, e com prazer, o remedio que o doutor Freixo lhes recetóu para os nenos.

(IV)
Um neno sem nome sonhava, tódalas noites, que era um home, um home grande que levava umha máscara, um home serio e grande que sonhava sempre, tódalas noites, que tirava a máscara e nom era um neno, um neno sen nome que quería sonhar.

0 comentarios