Blogia
A cova do congro

Homenaxe a Fernando Vidal Olmos

(1) Había 8 anos que nom vía a Javi. Eu sabía que já nom ía pola universidade. Imposible topalo numha cidade de 300.000 habitantes. A minha única posibilidade de o localizar era convencer ás secretarias da universidade de que me deran o teléfono. Así que alí fun, sentéime numha cadeira disposto a ser convincente, i entón umha voz á minha esquerda fíxo saltar as leis da probabilidade. Umha orde cósmica deve haver, porque 13 horas dempóis, Javi colhía um avión e marchava de Las Palmas para nom voltar.
(2) Ao Robles tamén fazía 8 anos que nom o vía. Javi contóume que casara o mes anterior, que seguía alí. Se a lei da probabilidade saltara, cecáis é que nom havía tal lei. Foi ó sair da tetería do cuadro de Picasso, despóis de escrever o post anterior. Crucéi a rúa, miréi á terraza que tinha enfrente, e, coa naturalidade dumha cita acordada, acerquéime ó Robles e á súa mulher a lhe dar a minha noraboa polo enlace.
(3) A Jose só fazía dous anos que nom o vía. Míguel díxome que abrira umha perruquería em Guanarteme, pola praza do Pilar, que nom sabía máis. Nom conhezo nem a zona nem a praza, así que paseo pola praia, cós pes no mar, deixándome levar, ata que, casi no final, como hai umha escaleira cumha bilha para lavar os pés, decido subir ó paseo. Justo frente a mín, um pouco máis adentro, hai umha praza. Acércome, e alí está a igrexa do Pilar. Ó lado umha perruquería : jose.es. Cando me achego, alguén dende a rúa pergunta por Jose, que sae á porta, míra á dereita e dí "pero tú que haseh aquí?"
Só faltava Elke, pero, num día e medio, nom se podía pedir tanto.

1 comentario

irene adler -

polo que eu sei, no jantar dalgumha morena tocou congro certo dia. a vida, caro, é a arte do encontro, embora haja tanto desencontro nesta vida ;-)