Blogia
A cova do congro

Des-orde-nada

Para liberar a tensón, saio a pasear polo centro. Merco DVDs, um pantalón de cocinheiro, e, numha tenda de plásticos, un enorme bolsón de bolinhas de forespán. Caminhando có saco ó lombo, parezo umha especie de Papa Noel que leva neve na bolsa. Nom entra por : os andamios da rúa, a porta do metro, a do portal. Bueno, apretando un pouco sí que entra, pero o plástico tan fino da bolsa racha e vaise quedando com buratinhos, e entón parezo pulgarcito deijando o rastro polo chau para voltar a casa. Encima, cando chego, o meu temor confírmase : tenho bolinhas para encher 3 ou 4 pufs. Dende logo, hai días que a cabeza nom rexe.
Pola noite, umha enorme jaqueca. Sinto medo. Ás vezes penso qué será iso de estar tolo, e os días en que tenho jaqueca, penso que debe de se parecer bastante. Cecáis sen dor, pero com os pensamentos obsesivos, sen control do cerebro, sen poderse relaxar, nem pensar em cousas agradáveis : nom ter control do pensamento, iso debe ser estar tolo. A minha amiga L. tem um mozo maniaco-depresivo. Cando tenha máis confianza com ele, eilhe perguntar o que se sinte.
Vomito e o cerebro reláxase. Os cubos flotantes gigantes desaparecen. Podo durmir. Pergúntome entón polas absurdas relaçoms entre fenómenos fisiológicos tan distintos coma a digestión e o pensamento. Pásame o mesmo coa melancolía que me entra coa chuvia, ou a energía e ánimo có sol e a primavera. Sempre me parecéu um absurdo que o estado de ánimo poida depender de asuntos tan arbitrarios.
Ó erguerme, todo está en orde. Tenho sono, fame e ganas de mexar. Volto ser fisiología.
E um correo rescátame do autismo.

1 comentario

sonia -

Acabo de escribir algo moi parecido no meu blog e paréceme gracioso entrar no teu e leer a túa reflexión. No meu caso o meu estómago é coma un autónomo e arbitrario medidor de nervos, fai o que quere, decide cando ter unha boa o mala dixestión en función do que él considera hipertensión-tensión-alerta-calma-durmevela...
Un saudo