Blogia

A cova do congro

Ventos

Si ya no puede ir peor
haz un último esfuerzo
espera a que sople el viento
a favor

Apariencias

A seguridade é umha das poucas cousas que é milhor aparentar que ter.

Costumes

Quizá no es más que una costumbre,
la de amueblar sin prisa ni convencimiento
ese horizonte innecesario de quien debe llegar,
y nunca supo ni porqué, ni adonde.

Jenaro Talens (de Cinco maneras de acabar agosto)

Filosofía

A guerra está perdida. Pero quedan moitas batalhas por ganhar.

Fabricar marcas

[...] Desde entonces, un grupo de grandes empresas ha intentado liberarse del mundo corpóreo de los bienes de consumo, de la fabricación, y de los productos a fin de existir en otro plano. Argumentan que cualquiera puede fabricar un producto (y así es, como lo demuestra el éxito de las marcas blancas durante la recesión). En consecuencia, estas tareas menudas deben ser entregadas a subcontratistas, cuya única tarea consiste en servir lo pedidos a tiempo y a bajo coste.

Naomi Klein. NO LOGO.

Folgas

A minha alma está en folga de saudade ata que o meu corpo nom aceite levala de novo ó mar.

Palavras

Cántas vezes discutimos polo que é o amor, a paz, ou amizade?. Eu digo que amor es isto e tí dis que é isto outro. A nosa linguage é extremadamente limitada dado o número de conceitos e variantes podemos maginar. Por iso, para deixar de pelexarnos por apropiarnos de palavras que som de todos, eu proponho a utilizaçom de umha ferramenta como ista ou ista, e que, en caso de necesidade, proporciona palavras novas para conceitos ambiguos.

  - Pero entón somos noivos ou nom?

  - Nom, oh!. Nós o que somos é reaprifs.

  - E iso qué é?

  - Agora cho explico, pero já imos por bom caminho.

Bosta de yak

Cando lín, fai um par de anos, o episodio autobiográfico de Heinrich Harrer, 7 años en el Tíbet, chamóume a atençom um detalhe da hospitalidade daqueles habitantes das altiplanicies nepalíes e tibetanas : cando nom podíam proporcionar teito a Herr Harrer ou simplemente para agasalhalo, dábanlhe merda de yak. A mín chocóume, coma ao protagonista ao principio, pero despóis ambos entendemos o asunto : a bosta de yak é o único combustible disponhível nesa altitude, i é o que se utiliza, nas chozas, para fazer lume. Veume este episodio á cabeza porque precisamente estaba eu a cabilar sobor do contido energético dos nosos excrementos. Eu sempre digo que "nom cagamos cinza" coma umha estufa de lenha, nem moito menos "CO2+H20", coma un motor. Quere isto dizer que o noso corpo (coma o do yak) nom aproveita toda a energía que contén aquelo que inxire, e que, polo tanto, gran parte do contido calórico dos alimentos chega intacto pra convertirse en biomasa (perdón polo eufemismo). E pensaba eu nisto, porque sigo a ver médicos e dietistas a fazer a sinxela ecuaçom de "calorías comes - calorías gastas = calorías engordas", obviando sempre que falha um factor de aproveitamento energético do corpo (os corpos coma os motores, carburan melhor ou peor)

Desta forma fago eu as minhas ecuaçoms :

  (calorías comes - calorías cagas) / calorías comes = alfa (factor de aproveitamento no ponto de equilibrio, característico da persoa)

  (calorías comes x alfa)  - calorías gastas = calorías engordas.

   Para transformalo en gramos, dividir por 9.000.

Etimologías

Descobrím fai tempo, por Eduardo Galeano a etimología da palavra 'recordar' : do latino re-cordis, voltar ao coraçom. Algum[ha] filólog@ leitor[a] podería dizerme a etimología de 'lembrar'?

Simple curiosidade

25 abril

Recibo no móvil umha mensage do meu irmán. Só dí "SEMPRE". Ao principio nom asocio, cousas da distancia. Despóis sí.

Seguramente a revoluçom dos caravéis é um acontecimento que está mitificado. Sem dúbida foi umha jornada que tivo máis de derrumbe do que de demoliçom. Pero eu sempre envexaréi a um povo que foi quém de ser protagonista no seu cambeo de régime. Que foi capaz de demostrar quém é o que máis ordena. Que foi capaz de demostrar que se poden conquerir cousas sem necesidade de violencia. Sinto envexa porque nós nom fomos capaces de tanto. Nós tivemos que agardar a que a natureza fixera aquelo que nós nom puidemos. E tivemos que aturar um cambeo de régime tutelado polos baróns do antigo. E umha transiçoms desenhada polos arquitectos do franquismo. Para chegar a um régime que nom é monárquico, pero tampouco republicano. Que nom é centralista, pero tampouco federal. Com umha Constituçom de repartéu dereitos coa mesma alegría que inoperancia tivo á hora de facelos realidade. E así nos vai.

  A revoluçom dos caravéis. Era eu moi novo, e nom podo sentir saudade. 

  E dame por pensar no que sentiría o meu pai o día, único día, en que o vim chorar. Era um día de fevreiro, de hai cáseque 20 anos. Foi o día que morreu O Zeca, que fixera esta cançom :

Grândola, vila morena
Terra da fraternidade,
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade.

Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena,
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena.

Em cada esquina um amigo
Em cada rosto igualdade,
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade.

Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena.

À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola a tua vontade.

Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira,
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade.

Cambeo climático

Aviso : o que continúa tem umha forte componhente especulativa.

José Enrique Campillo en El mono obeso (interesante livro sobor da orige e particularidades do metabolismo humán), adica umha parte a descreber cómo era a terra (e a alimentaçom dos nosos ancestros) na orige do género homo, fai ums 10 milhóns de anos. Titula a este capítulo "El paraíso terrenal" (desafortunado epónimo num livro evolucionista), e comeza así : "Hace unos veinte millones de años, durante el Mioceno, la tierra vivió unas condiciones climáticas paradisíacas. Los casquetes polares, con un emplazamiento diferente del actual, apenas eran unas pequeñas manchas de hielo; el nivel de los mares era mucho más elevados que en la actualidad  [...] el clima era especialmente cálido y húmedo, con lluvias abundantes, lo que condicionó la expansión de interminables selvas ecuatoriales y tropicales que rodeaban al mundo como una faja verde [...] Desde las costas del Atlántico en África hasta los confines de Asia se extendía un bosque impenetrable". Ao senhor Campilho sóbralhe moita literatura no livro, pero a hipótese semelha, ademáis de respaldada polo registro fósil, razoável  : um quecemento global leva a maior evaporaçom de auga, e polo tanto máis choivas, máis densidade arbórea, máis energía disponível para os seres vivos, etc.

Se isto é así, semelha que o cambeo climático que está a sofrer a terra vai traer um novo edén, máis ainda por canto os vegetáis vam ter CO2 para se fartar.

¿Porqué -entón- hai desertos?

Popularmente asociamos o deserto com area seca, ou, milhor dito secada, como se um día fose terra fértil , e fora desertizándose pouco a pouco. Sem embargo, a area é um producto típico do mar, onde é arrastrada polos ríos. Ponhamos o Sahara. Tendemos a pensar que o Sahara era parte da selva africana que, situada na parte máis quente do continente, foi secando pouco a pouco. A realidade é bem diferente : o Sahara era um gran mar que, probábelmente por umha elevaçom do terreo, ou bem por umha falha geológica, deu en vaciarse, literalmente, no Mediterráneo (Sánchez Dragó identifica este episodio có afundimento da Atlántida). A famosa "cova dos nadadores" de Lazlo Almasy (inspirador da novela El paciente inglés) tem debuxos de nadadores que nom vivían numha selva com lagos, senóm numha ilha no mar do Sahara. Ao vaciarse o mar, o légamo salgado que ficóu nom resultaba ajeitado para o crecimento vegetal, e já sabemos o resultado.

Desta forma, o deserto nom é o resultado dum lento proceso de quecimento e secado, senom da infertilidade do terreo e a incapacidade para atraer choiva. Á auga pásalhe o que a violencia : onde máis hai, máis cae. Para que se produza a choiva ténhense que dar dous factores : que o vento arrastre nubes, e que a humidade do aire se sature. Para o primeiro debe haber umha fonte de auga (ou humidade) perto. A propia masa forestal val perfectamente -como sucede no Amazonas-. Para o segundo -que a humidade se sature- debe haber, en primeiro lugar, humidade alta no ar. E despóis algo que faga que a masa húmida se comprima, coma umha montanha ou outra masa fría que colisione.

Onde quero chegar con tudo isto? Nom o sabía cando comecéi a escrever. A ver agora :

O quecimento global, ao contrario do que se pensa, nom crea desertos : globalmente as precipitaçoms deben aumentar.

O deserto trae máis deserto. E a selva trae máis selva. Globalmente, a cantidade de selva debería aumentar có quecemento. Porqué nom é así? Porque estamos a perder chan fértil. E, como a choiva tem que caer, cae en zonas onde nom será absorvida -nom confundir com retida- pola vegetaçom, i é conducida polos ríos, provocando inundaçoms. A alguén lhe soa?

Qué podemos fazer?

Enriquecer o chan e plantar vegetaçom.  O empobrecimento do chan, provocado polo traslado dos nutrintes que consumimos a fosas (vertedeiros, mar) onde nom sirven de nada, frena a espiral de "vida atrae vida".

Um -mal- ejemplo : qué melhor forma de acelerar o deserto que un cultivo que empobrece a terra e impide -por medio de plásticos- que fuxa a humidade?

Sobran ecologistas e falhan engenieiros de montes. Sequía e desertizaçom nom som producto de ningún cambeo climático. Mentras sigamos a mirar para arriba, á capa de ozono, e nom para abaixo, á terra, nom estaremos no caminho correcto.

Time goes by

Vía Microsiervos conhezo esta página onde se pode calcular o número de días que hai entre dúas datas. Por suposto calculo os días dende o meu nacimento : 13.051 ata o de hoje. Estas cousas fan pensar, nom no velho que um poida ser (que tamén), senom en :

a) Cántos de estos días (cada um coa súa historia) lembro

b) Cántos valeron a pena.

c) Cántos aproveitéi de verdade

d) Cántos repetiría.

 As respostas :

a) Pouquísimos

b) Ainda menos

c) Tende a cero

d) 13.051

Animalinhos

¿No es un tema habitual de reflexión el dudoso placer que pueden extraer de la vida algunos animales menos dotados? Con mucha más razón, pues, podemos preguntarnos lo mismo respecto a estos hombres.

Charles Darwin (A viage do Beagle, a propósito dos fueguinos)

Damas

Cuentan que Groucho Marx le preguntó en cierta ocasión a una dama si se acostaría con él por un millón de dólares. La dama se sonrió y, tras pensarlo, respondió afirmativamente. A continuación Groucho, con malicia, le preguntó si lo haría por 10 dólares. La dama, ofendida, respondió “¿Pero usted qué se cree que soy?”. Groucho contestó : “Eso ya ha quedado claro. Ahora simplemente estamos discutiendo el precio”

¿Cuál es su reacción ante esta anécdota? ¿Piensa vd. que Groucho es un machista que afirma que todas las mujeres son prostitutas? Si es así, es vd. humano y, como tal tiende a clasificar y etiquetar los grupos con precisión taxonómica. Porque lo que Groucho demuestra -con ánimo provocador, sin duda- es todo lo contrario : que todas las prostitutas son damas. ¿Lo dudaba vd.?

Jacinto Ortega (colaborador en Catteleia)

Trust

There's only trouble and desire.

Bem vida

"Pero un hombre de intelecto agudo siente que existe para sí mismo, no para el público. No desea agotarse y desgastarse haciendo lo mismo una y otra vez. Es más, todo hombre enérgico de talento alberga en su interior algo universal, que le lleva a indagar aquí y allá, y a seleccionar su campo de actividad según su propio deseo."
Johann W. Goethe

E todo o mundo debería fazer o mesmo.

A lecçom de Archeopterix

Para um rapaz de nove anos, a evoluçom é umha especie de forza mágica que fai que cando Charmander se cabrea, bote raios de cores e se convirta en Charizar. Pode parecer que nom é idade para explicar algo máis complexo, pero a verdade é que a transformaçom do Pokemon é moito máis difícil de entender que a que sucedéu na terra para que pithecantropo pasara a homo. Por iso o fin de semana decidín explicarlhe ao meu filho um pouco da teoría evolutiva.
A visión da evoluçom que circula popularmente é bastante deficiente. De ahí os -lógicos- ataques que recibe por parte de escépticos e creacionistas. A propia palavra evoluçom é enganosa, porque presupón progreso, cando na evoluçom nom tem sentido o progreso. Só a variedade : a multiplicaçom e a dezmaçom. Seguramente é umha herencia da nosa cultura judeo-cristiá, o sustituto do deus creador : se nom nos creóu Deus, creounos a evoluçom, cosa mesma inevitabilidade que aquél. O home, a inteligencia, tinhan que aparecer. A realidade que eu lhe estaba a explicar ao meu filho era que os organismos cambean, sem motivo nem direcçom. Algúns de eses cambeos danlhe umha ventaja que fará que tenhan máis descendencia mentras outros se reducen. Moitos cambeos som neutros. Todos som improváveis. Os cambeos -ao meu filho nom lhe digo palabrotas como mutaçoms- benéficos, os que fam que se adaptem milhor ó medio, farán que os organismos se imponhan e superen en número aos outros : os máis rápidos fuxirán dos inimigos, os máis fortes ganharán nas loitas, e os de pescozo máis longo comerán as folhas máis altas. Pero isto é localmente, a curto prazo -geológico, claro- A longo prazo, a adaptaçom local tem menos importancia, porque o mundo cambia. Cando no final do devónico cambearon as propiedades físicoquímicas do mar, o 90% das especies desapareceron. Cando no jurásico um meteorito chocóu coa terra, os animáis máis grandes nom puideron superar o frío. E cando o home invadéu tódolos hábitats, as feroces águias estamse a extinguir, e galinhas e pombas a convertirse nas especie predominantes.
Estabamos a pasear pola praia de Gradín. Umha garceta e máis umha garza real buscabam cangrexos na area. Um cormorán pasaba voando a ras do mar, com umha preciçom milimétrica. Dous biluricos en celo perseguíanse dando no aire giros impensáveis. As gaivotas buscabam qualquer resto que comer.
Entón faleilhe de Archeopterix.
Fai 65 milhóns de anos -díxenlhe- a terra estaba poboada de dinosaurios. Estabam os fortes Triceratops, os feroces Tiranosauros Rex, os enormes Brontosauros. Había moitísimas variedades diferentes, i, entre éstas, había um dinosaurio, moito máis pequeninho, que nom era nem forte, nem rápido, nem fero, que ademáis era moi raro, porque desenrolara ums brazos moi longos, cós dedos larguísimos separados e umhas escamas tamén máis longas do normal. Habitualmente era torpe, e tínhase que esconder para nom ser comido polos depredadores. Os brazos, que habitualmente eran un estorbo, servíanlhe para poder quecerse ou enfriarse rápidamente. Cando saía dos escondites, extendía os brazos ao sol e quecíase. Cando os plegaba, cobríase e conservaba o calor. Se os extendía na sombra, enfriábase. Nom era um dinosaurio especialmente exitoso, e apenas tinha importancia rodeado dos primos jurásicos, que eram os máis grandes, os máis fortes, os máis poderosos.
Pero toda esa forza nom lhes valéu de nada. Porque um meteorito chocóu contra a terra. O planeta cobréuse de polvo nom um día nem um ano : centos de anos. A terra enfrióuse e os grandes dinosaurios, entre o frío e a falta de comida, remataron extinguíndose. Mentras tanto, o pequeno Archeopterix saía e extendía os séus brazos ao escaso sol e quecíase o suficiente para seguir vivo. Junta él, ums pequenos e curiosos animáis, coma ratos, completamente inadvertidos ata entón, nom só sobrevivían, senón que, gracias a que tinhan pelo para combater o frío, ían en aumento : eram os mamíferos.
Ao cabo dums poucos milhóns de anos, o panorama na terra cambeara completamente. Extintos tantos animáis, o que había, sobre todo, eran mamíferos, que comezaban a existir numha variedade inmensa, e, entre os saurios, apenas os lagartos máis pequenos. E Archeopterix. Archeopterix, pouco a pouco, siguéu cambeando. Os brazos longos, seguiron adaptándose, e as escamas medraron ainda máis, ramificándose. Um día, um archeopterix escapóu dum depredador com umha técnica nunca usada ata entón : voando. Aqueles brazos tan raros, evolucionados para quecerse, serviran para algo completamente distinto : voar.
O méu filho mirábame um pouco extranhado, i entón eu sinaléi aos paxaros que tinhamos diantes : “eses, e todos os paxaros da terra, son descencentes de aquel dinosaurio tan ridículo : o Archeopterix. O único que tivo éxito. O que sobrevivéu.”
Esta historia que eu lhe contaba, é umha historia real. É Historia. E contém umha lecçom importante que eu quería transmitir ao meu filho : está bem adaptarse ao entorno, está bem ser eficiente, bó no mundo e na sociedade. Pero, cando as cousas cambian, é fundamental ter algumha desas cousas tan extranhas, que habitualmente parece que nom sirven para nada, como os brazos ridículos do Archeopterix. Porque nós nom temos que esperar a que chegue um meteorito : as cousas já cambean, dia a día, moi depresa, ó noso arredor. E apostar a nosa supervivencia á especializaçom de umha habilidade é perigosísimo.
Por eso eu dígolhe ao meu filho que sí, que estude, que aprenda cousas úteis, que seja médico, enxenieiro, ou mariscador. Que seja válido e eficiente na sociedade. Pero que lea comics, filosofía, paleontología e poesía. Que aprenda música clásica e pintura moderna. Que visite pobos abandoados, que conheza culturas, que caminhe polo monte de noite. Que fale cós animáis, coas plantas, que lea na praia as marcas da marea, que calcule o tránsito dos planetas. Que faga cousas completamente inúteis, absurdas, que nom valen para nada. Porque um día esas cousas nom só lhe podem salvar a vida, senon que serán as alas que, coma ao Archeopterix, lhe poden fazer, no futuro, voar.

Defensa da violencia (II)

Cuarta jornada de folga de metro. Só circulan o 50% dos trens, así que, por pura matemática, os vagóns vam com umha carga dum 200% do habitual. No momento de entrar, todos empuxamos aos que están dentro, para nom quedar em terra. E na seguinte parada queixámonos dos maleducados que nos están a empuxar “que já nom cabe ninguén”. Pero cabe. Pegado -literalmente- a mín vai um senhor baijinho, dums 60 anos, que nom aguanta os empuxóns. Quéixase da mala educaçom da gente, de que nom colhe ninguén, e de que a culpa de todo é de ese “cabrón de Zapatero”. “Es que van a despedazar España”. Cando é el quem empuxa, a gente míralhe mal, i entón dí “pues quéjese vd. al gobierno y a Zapatero, que es quien tiene la culpa. Que va a acabar con España”. En Avenida de América o home baixa, nom sem antes engadir “Antes al menos teníamos al Presidente Franco que defendía España”. A gente abuchéao, pero eu fico sem o prazer de sair primeiro e darlhe -sem querer- co cóbado na cara.
A folga é um dereito básico, e umha das poucas acçoms que tem o trabalhador para dignificar o séu trabalho. Líbreme Deus de falar en contra da folga por máis que eu seja um perxudicado máis. O que me preocupa -i aquí entronca o discurso sobor da violencia- é de novo a oportuninade, o destinatario desa violencia, ainda que neste caso se exerza como nom-violencia ou nom-trabalho. Porque nas folgas notáse de forma clara, o problema do cambio de direcçom e desacreditaçom da violencia.
Antigamente as folgas paraban a producçom dumha mina ou umha fábrica, atentando, directamente, contra os intereses dos responsáveis da situaçom : os empresarios. Hoje en día, as folgas buscan repercusión mediática, afectando, nom ó responsável directo da situaçom do folguista, senón ao cidadán. As folgas de controladores aéreos, de transportistas, de conductores de metro, van nesta direcçom. Ata as manifestaçoms de trabalhadores da Citröen, agricultores ou comerciantes, buscan cortar o tráfico, e afectar ó usuario, na busca de publicidade, antes que dirixir a súa violencia contra o intermediario e o gran empresario. Desta forma, de novo, a violencia está mal dirigida, i é fácilmente desacreditável. E o resultado : que o maior instrumento de presión do home perde respaldo popular e forza, e será, no futuro eliminada coa bendiçom popular.
A verdade é que, hoje em día, é difícil topar ó verdadeiro responsável. Por um lado as empresas som de outras empresas, i éstas dos accionistas, e, accionistas, somos todos os que temos um fondo de pensións. Era moito máis sinxelo antes, cando tudo isto era consecuencia do estado dictatorial. Ao milhor o costume de protestar contra o goberno, cando o goberno mandaba, deixóu estes posos en que o folguista protesta contra a empresa máis como votante que como empregado. E protesta pedindo a soluçom ós organismos públicos, en vez de ós empresarios explotadores. En manifestaçoms ejercidas contra os cidadáns, no canto de contra as patronáis.
É o que tem a democracia. Nos tempos do Presidente Franco, isto nom pasaba.

Defensa da violencia

[O Estado]
Max Weber, en El político y el científico, define ó Estado como “aquela comunidade humana que, dentro de um determinado territorio -o territorio é elemento distintivo- reclama como exclusivo para sí, o monopolio da violencia física legítima [ ...] O estado é a única fonte de dereito á violencia”. Esta realidade, por máis que malsonante na expreçom, é indubidável. Um aparato legislativo nom crea um Estado sem o aparato ejecutivo que imponha as normas polas diferentes vías da violencia (educativa, funcionarial, policial, militar). No caso da democracia, no momento en que se lhe reconoce ó estado o monopolio da violencia legítima, a aspiraçom ao poder identifícase de forma clara coa aspiraçom a ejercer esa violencia. Chegamos así a umha realidade tamén innegável : a inclinaçom humana a ejercer a violencia. E nom falo de violencia gratuita, injustificada, falo de violencia necesaria, legítima -para a persoa- ainda que  poida ser deslegitimada -polo Estado-
[A loita]
Fai  um par de anos estiven en Ramallah, Palestina. Alí foi onde comprendín algo moi importante : umha declaraçom de dereitos humáns que nom contemple o dereito á loita nom vale nada. Está moi bem ter dereito á vida, á vivenda, ó propio territorio, á infancia. Pero sem o dereito a loitar por eles -isto é, se a loita se deslegitima de antemán- : qué pode um home fazer cando nom se lhe respetan eses outros dereitos? Se a um pobo com dereitos, nom se lhe respeta territorio, lingua ou relixión, qué significa ter dereitos? Nada. Se no momento en que loitar -única resposta que lhe deixan- para conquerir estes principios básicos convírteo em terrorista, qué lhe queda?. A súa violencia resulta ser nom legítima, fronte a violencia do estado -que neste caso é claramente o violador de dereitos básicos- Um ejemplo máis cercano : a constituçom espanhola reconhece o dereito ó trabalho e á vivenda. Pero se um parado sem teito -claramente umha víctima á que se lhe está roubando um dereito- se pom na porta do Congreso a berrar “Estafadores, mentirosos, incompententes“ sería detido pola policía, porque a violencia que exerce ao berrar nom é legítima, mentras que exercem sobor del sí que o é. Stirner -antes de Weber- dizía : “O estado chama lei á súa propia violencia, e crime á do individuo”
[O último recurso]
Este mundo tan civilizado em que vivemos, está a desterrar máis e máis o uso de qualquer tipo de violencia. Dende logo -insisto, por si acaso- nom estou a favor do uso da violencia indiscriminada, pero, insisto tamén, a violencia é o que nos queda cando nos atan a mans. “A violencia é o último recurso do incompetente”, dixera Asimov. Estóu de acordo na primeira parte de afirmaçom que a violencia é o último recurso, pero é, induvidávelmente, um recurso. Legítimo. Isto defendía Ortega, no prólogo de “La rebelión de las masas”, cando criticaba a postura dos pacifistas afirmando, umha e outra vez, que a loita, malia nom ser desejável, é um recurso inevitável -como, por outra parte, demostra a historia humana- É absurdo negar esta realidade, por máis que sone mal, e que esteja á contra da moda actual. Porque nom nos enganemos : ainda que en ningumha época o home gostóu da violencia -sobor de todo da exercida contra del- a violencia per se, nunca estivo -ata hoje- desacreditada. Todo o contrario. As historias de heróis populares -que agora fican relegadas á ficçom- sempre gozaron de gran predicamento.
[Violencia doméstica]
Preocúpame profundamente a desacreditaçom da violencia na sociedade actual. Dentro da campanha de eliminar do home a capacidade de julgar, e froito da manipulaçom e da demagogia informativa, a violencia legítima e justificada do individuo aparece contínuamente asociada e identificada com o vandalismo, os disturbios, a delincuencia, ou, simplemente, a poca educación. Sacada de contexto, qualquer acçom violenta é reprovável. Pero sucede que, tristemente, cada vez é máis difícil exercer a violencia de forma adecuada.
Hoje en día, a forte violencia que exercen sobor de nós, é aplicada a distancia, geralmente com intermediarios. De esta forma, a [re]acçom da persoa, tentando dirigir a súa rabia contra o responsável da afrenta nom atopa máis destinatario que a probe telefonista, o dependente precario, ou o funcionario de turno que “nom sabe”, “nom pode” ou “nom está o xefe”. A folha de reclamaçoms, a pataleta estéril, a carta ó director é o que nos queda, no canto da merecida hostia que debería levar o responsable da aerolínea, companhía telefónica, ou a aseguradora que nom responden.
[Sucedáneos]
Así, todos acumulamos rabia contida, violencia reprimida que remata explotando onde seja : no campo de fútbol, num atasco, na taquilha do metro, no trabalho, en casa. Sí : desproporcionadamente e fora de lugar.
Seguramente para compensar esta grave deficiencia e ajudar a baixar os nivéis de adrenalina e  testosterona, o mundo proporciona umha serie de inimigos virtuáis cós que um pode desfogarse asistindo a tertulias e manifestaçoms : o terrorismo, a pobreza, o lume, e a propia violencia. Así pretenden, ademáis, que nom nos fixemos nos opresores, os que provocan a pobreza, os beneficiados do lume, e os violentos de escura justificaçom.
[Colofón]
Conluíndo : á violencia sucédelhe o mesmo que aos fármacos, que o estado decide cándo é medicina e cándo é droga. Nom habendo ademáis, a priori, nada que permita distinguir umha de outra. A violencia, por sí, nom é nem boa nem mala. Depende de cada cas@. A superestructura da sociedade quere que despreciemos genéricamente a violencia, porque precisamente, o principal objectivo da violencia tem que ser esa superestructura.
[Excusa]
Pido desculpas por este post tam longo. Como dizía Pascal, nom tiven tempo para escrever um máis curto.

O caminho do Tao

Hai gente que busca as respostas aos seus problemas en diferentes livros sagrados. Moitos católicos abren a Biblia buscando umha pasaxe que lhe resulte iluminadora para o seu devir quotidián. En La prueba del laberinto, Sánchez Dragó contaba que adoitaba abrir o I Ching ó azar, interpretando o eventual hexagrama como resposta ou orientaçom á umha situaçom complexa. Jodorovsky -e outros- usa de igoal jeito o tarot.
Eu estaba onte agobiado, tentando estirar o día, estudando música á umha e media da manhá. Fixen um descanso, e colhín -sem ningumha intençom- um dos livros que tinha diante : o Tao Te King. Abrino por umha página qualquera, e lín :

   Por el estudio se acumula día a día.
   Por el Tao se disminuye día a día.
   Disminuyendo cada vez más
   se llega a la no-acción.
   Por la no-acción
   nada se deja sin hacer.
   El mundo siempre se ha ganado sin acción.
   La acción no es suficiente para ganar el mundo.

Decidín seguir o conselho. Toméi o caminho da nom-acçom, pero com intençoms máis modestas que ganhar um mundo : apenas ganhar a cama e descansar um pouco.