Blogia
A cova do congro

Defensa da violencia (II)

Cuarta jornada de folga de metro. Só circulan o 50% dos trens, así que, por pura matemática, os vagóns vam com umha carga dum 200% do habitual. No momento de entrar, todos empuxamos aos que están dentro, para nom quedar em terra. E na seguinte parada queixámonos dos maleducados que nos están a empuxar “que já nom cabe ninguén”. Pero cabe. Pegado -literalmente- a mín vai um senhor baijinho, dums 60 anos, que nom aguanta os empuxóns. Quéixase da mala educaçom da gente, de que nom colhe ninguén, e de que a culpa de todo é de ese “cabrón de Zapatero”. “Es que van a despedazar España”. Cando é el quem empuxa, a gente míralhe mal, i entón dí “pues quéjese vd. al gobierno y a Zapatero, que es quien tiene la culpa. Que va a acabar con España”. En Avenida de América o home baixa, nom sem antes engadir “Antes al menos teníamos al Presidente Franco que defendía España”. A gente abuchéao, pero eu fico sem o prazer de sair primeiro e darlhe -sem querer- co cóbado na cara.
A folga é um dereito básico, e umha das poucas acçoms que tem o trabalhador para dignificar o séu trabalho. Líbreme Deus de falar en contra da folga por máis que eu seja um perxudicado máis. O que me preocupa -i aquí entronca o discurso sobor da violencia- é de novo a oportuninade, o destinatario desa violencia, ainda que neste caso se exerza como nom-violencia ou nom-trabalho. Porque nas folgas notáse de forma clara, o problema do cambio de direcçom e desacreditaçom da violencia.
Antigamente as folgas paraban a producçom dumha mina ou umha fábrica, atentando, directamente, contra os intereses dos responsáveis da situaçom : os empresarios. Hoje en día, as folgas buscan repercusión mediática, afectando, nom ó responsável directo da situaçom do folguista, senón ao cidadán. As folgas de controladores aéreos, de transportistas, de conductores de metro, van nesta direcçom. Ata as manifestaçoms de trabalhadores da Citröen, agricultores ou comerciantes, buscan cortar o tráfico, e afectar ó usuario, na busca de publicidade, antes que dirixir a súa violencia contra o intermediario e o gran empresario. Desta forma, de novo, a violencia está mal dirigida, i é fácilmente desacreditável. E o resultado : que o maior instrumento de presión do home perde respaldo popular e forza, e será, no futuro eliminada coa bendiçom popular.
A verdade é que, hoje em día, é difícil topar ó verdadeiro responsável. Por um lado as empresas som de outras empresas, i éstas dos accionistas, e, accionistas, somos todos os que temos um fondo de pensións. Era moito máis sinxelo antes, cando tudo isto era consecuencia do estado dictatorial. Ao milhor o costume de protestar contra o goberno, cando o goberno mandaba, deixóu estes posos en que o folguista protesta contra a empresa máis como votante que como empregado. E protesta pedindo a soluçom ós organismos públicos, en vez de ós empresarios explotadores. En manifestaçoms ejercidas contra os cidadáns, no canto de contra as patronáis.
É o que tem a democracia. Nos tempos do Presidente Franco, isto nom pasaba.

0 comentarios