Blogia
A cova do congro

Bosta de yak

Cando lín, fai um par de anos, o episodio autobiográfico de Heinrich Harrer, 7 años en el Tíbet, chamóume a atençom um detalhe da hospitalidade daqueles habitantes das altiplanicies nepalíes e tibetanas : cando nom podíam proporcionar teito a Herr Harrer ou simplemente para agasalhalo, dábanlhe merda de yak. A mín chocóume, coma ao protagonista ao principio, pero despóis ambos entendemos o asunto : a bosta de yak é o único combustible disponhível nesa altitude, i é o que se utiliza, nas chozas, para fazer lume. Veume este episodio á cabeza porque precisamente estaba eu a cabilar sobor do contido energético dos nosos excrementos. Eu sempre digo que "nom cagamos cinza" coma umha estufa de lenha, nem moito menos "CO2+H20", coma un motor. Quere isto dizer que o noso corpo (coma o do yak) nom aproveita toda a energía que contén aquelo que inxire, e que, polo tanto, gran parte do contido calórico dos alimentos chega intacto pra convertirse en biomasa (perdón polo eufemismo). E pensaba eu nisto, porque sigo a ver médicos e dietistas a fazer a sinxela ecuaçom de "calorías comes - calorías gastas = calorías engordas", obviando sempre que falha um factor de aproveitamento energético do corpo (os corpos coma os motores, carburan melhor ou peor)

Desta forma fago eu as minhas ecuaçoms :

  (calorías comes - calorías cagas) / calorías comes = alfa (factor de aproveitamento no ponto de equilibrio, característico da persoa)

  (calorías comes x alfa)  - calorías gastas = calorías engordas.

   Para transformalo en gramos, dividir por 9.000.

0 comentarios