Time goes by
Vía Microsiervos conhezo esta página onde se pode calcular o número de días que hai entre dúas datas. Por suposto calculo os días dende o meu nacimento : 13.051 ata o de hoje. Estas cousas fan pensar, nom no velho que um poida ser (que tamén), senom en :
a) Cántos de estos días (cada um coa súa historia) lembro
b) Cántos valeron a pena.
c) Cántos aproveitéi de verdade
d) Cántos repetiría.
As respostas :
a) Pouquísimos
b) Ainda menos
c) Tende a cero
d) 13.051
0 comentarios