Blogia
A cova do congro

Marea baixa

Paraísos

Com o Julio na cafetería, facemos repaso dos paraísos na terra. Pero o paraíso nom pertencía alí, nom. Nem ficóu alí.

Comprobo hoje, con dor e con alivio, que tampouco en tres anos te olvido, Yolanda

A ciaccona

Ás vezes dame por analizar o que fago, e tratar así de comprender a ese estranho que, á miudo, son para mín propio.
Dende fai umha semana, nom deixo de escoitar a Ciaccona das partitas de Bach. Ó contrario que a marcha fúnebre de Chopin, que sempre me parecéu umha peza infantil deliciosa, a Ciaccona (que de nome é umha danza), paréceme umha elegía longa e lúcida. Sen a solemnidade de outras pezas orquestales, sem a grandiosidade dum Requiem, a ciaccona, desnuda nas cordas dum só violín, convócame o sentimento, real e legítimo, privado, que sinte um home ante a morte.
Dende que Helga Thoene descobrira os temas corales escondidos na partitura, houbo moitos estudos que afirman que a Ciaccona é o epitafio de Bach para a súa mulher María Bárbara, que morrera pouco antes. Incluso o Hilliard Ensemble se atrevéu a grabar a peza coas coráis interpostas, num ejercicio de dudoso gosto musical que foi éxito de vendas. Qué absurdo me resulta ese intento de descifrar o sentimento, de explicar a música.
Nom sei se é um epitafio, pero sei que nom transmite dor. Ante a morte, nom se sente dor. Conta Montaigne no ensaio sobor da Tristeza (se nom lembro mal), a historia dum home que choróu na morte do seu criado, e na morte dum can moi querido, pero cando morréu un filho seu, nom soltóu umha bágoa. Preguntado do motivo, respodéu “é que aquelas penas podían expresarse con bágoas”.
É certo. Eu nom choréi o día que morreu Yolanda.

Mudanças

Din que nas mudanças sempre se perden cousas. Nesta última, eu perdín moitas que quería deixar atrás. O que nom sabía é que tamén se topavam outras. Numha carpeta, da anterior mudanza, aparece o Principinho de Rico (Pulsar en Estudio->Filosofía para velo), que paso a ponher ó lado da tartaruga Casiopeia, enriba do lobo Orbil, que parece o raposo do capítulo XXI.

Did the clown/Make you smile?

Escoito, Morena, o teu disco com mensagem, e exercítome na esteganografía musical lembrando o perfect day do sábado e os mingling arms through/ a darkness where new lights begin and/ increase" en Carnival Town...
E o caixón arrecende a canela.
Gracias, Morena.

Luzes de bohemia

Recevo a túa message e nom sei se envídio máis a luz, a música ou o chan da cozinha. Nom tenho Village Green aquí. Tarareo mentalmente a cançom, miro a túa foto con peluca rosa e, absurdamente, síntome um pouco acompanhado.

Hai outra vida?

"Es posible que la vida al aire libre, directa y sin limites, que ahora estamos practicando, no sea compatible con determinado grado de estupidez e ineptitud provocado por la cultura intensiva. Es decir la tragedia consiste en que llega un momento en la vida en que sólo se puede tolerar el sol embotellado y el aire descrito en los libros. La cultura es una forma enfermiza de vida"
Josep Pla. Un viaje frustrado.

"Morir todavía", nom era umha gran película. Pero tem umha de esas esceas que um nom esquece : o detective Kenneth Branagh localiza ó ex-sicólogo Robin Williams, que cambóu de vida e trabalha agora num matadoiro. O detective fala có desencantado carniceiro mentras morde, nervosamente, um bolígrafo. O carniceiro observa o gesto, e ofrécelhe un cigarro. “Estou deixando de fumar”, dí o detective. Entón o ex-sicólogo dilhe : “Um nom está deixando de fumar. Um é fumador ou nom fumador. Decida cal deles é vostede, e séxao”.
En épocas de cambio, a frase tem para mín a contundencia de um provervio chinés e a beleza de umha montanha : sinxela de admirar, difícil de subir.

DeMello

A un discípulo que siempre estaba quejándose de los demás le dijo el Maestro: Si es paz lo que buscas, trata de cambiarte a ti mismo, no a los demás. Es más fácil calzarse unas zapatillas que alfombrar toda la tierra.
Anthony deMello

Tsunamis de Madrid

Cada manhá, dende O'Donnell, vejo Madrid dende un ligeiro alto. Fai ums meses podía ver toda a cidade, e, ó fondo, a serra de Guadarrama nevada, preciosa. Agora só vejo umha nuve de pó, cada vez máis densa. É o tsunami de Madrid. A onda gigante de contaminaçóm que nos cobre a todos. Nom séi cantos mortos pode deijar, seguramente menos que as de Asia, pero esta nom pasa num día.
Nom hai umha brisa. Estou dentro do tsunami.
Sinto que me afogo.

Sexta

Remata outra semana, que me trouxo á cova vento fresco con lazos, e um mar de fondo con ondas de cores.

As fragas de Cruces

Um dos recordos máis intensos da minha infancia é o de um bocadilho de mortadela, no medio da choiva, despóis de plantar 100 arborinhos para repoboar um pinar queimado. Un pinar de pinheiros.Tenho tamén lembranzas dos eucaliptos que nos servían ós nenos para fazer columpios e lianas nas que jogar a Tarzán. A minha foi umha infancia de pinheiros e máis eucalilptos. Nom había ameneiros, carbalhos, castinheiros, sobreiras... Sem embargo, cando caminho polas fragas que ainda quedan en Galicia, o que sinto é nostalgia. Nostalgia de esa paisaxe, de eses árbores, de ese entorno que nom puiden vivir. Pergúntome, entón, si é que existe iso que chaman memoria colectiva, ou é que, de neno, vim demasiados documentáis na televisión.

Bergamín.

“Pecar tiene arrepentimiento y perdón. No pecar, solamente castigo”, dicía esa mezcla de católico republicano que era José Bergamín. Fai moitos anos que fixen de esta frase umha das máximas da minha vida.

Túnez

Venho de visitar o terceiro país árabe neste ano. Suponse que é o máis occidentalizado de todos, polo antigo protectorado francés e máis polo turismo. A mín tratáronme (e como tal fum) como turista. E numca me sentira tan estrangeiro.

Lume e vigilia

Primeiro foi um ligeiro tremor no chan, e o falho da luz. Despóis as chamas a 50 metros. O coche de Cristina queimado, e sair entre o fume. O resto, a o ler nos periódicos de internet.
Alguén tinha que pasar a noite en vigilia por se hai que actuar depresa. E aquí o estou, só, diante dumha pantalha, por se pasa algo.
E nom pasa nada.

A batir o record

5 da manhá, ja vim "Señales", "Gente pez" e "La fiesta". A videoteca de Alberto nom é moi extensa. Para batir o meu record de películas vistas numha noite podo elegir entre "Supergoles De Los Mundiales De Futbol" ou "Al otro lado de la cama"... Paso do futbol!

Canto dura o presente?

Num nivel moi baixo, antes da memoria consciente, existe umha memoria sensorial que funciona coma un buffer. Nesa memoria almacénase o presente. Para escoitar un fonema, por exemplo, o cerebro debe almacenar umhas mostras do son, que posteriormente interpreta. Coa memoria instantánea de varios sons, o cerebro consegue escoitar umha palavra. As palavras nom se aparecen no noso cerebro coma umha suceçom de sons, senón coma umha unidade ouvida dum só golpe. Interésame este punto da memoria sensorial, porque comprime um tempo físico e obxetivo durante o cal o cerebro recibe as sensacions, numha unidade de tempo humana, presentado á consciência coma un “instante”, que para nos é presente. I eso leva á pregunta “Cánto dura o presente?”
Según o livro "Your memory. A user's guide", menos de 3 segundos.

Tántalo

Da mágoa ver cómo sufren os proves cocinheiros árabes no mes do ramadán.

Paisagem urbana

Paisagem urbana Moitas vezes tenho baixado por Goya, e parado no cruce com Velazquez. Tamén moitas me tenho fixado na fermosa galería de ferro e vidro antigo que ten o edificio da esquina. Pero nunca me fixara na estrana sucessom que fan os balcóns dos catro andares : A grande galería do primeiro. O segundo, semelhante, um chisco máis pequeno. No terceiro, um balcón simple, aberto. E o cuarto, apenas umha reixa de ferro para cerrar umha ventá. Estava eu, o sábado, ao mirar, dende a aceira de frente, esperando que cambease o semáforo. Cando se puxo en verde e baixéi a vista, miréi, tamén por vez primeira, o nome do edificio