Um amigo méu dí que nesta vida, é fundamental ter moita man esquerda. Claro, penso eu. Sempre que se tenha tamén umha boa direita, porque, se nom, pásache o que a él : que todo o mundo o vapulea.
Viajar sempre é umha invitaçom a mirarse com olhos de outros. A descobrer que a normalidade é costume, o costume arbitrariedade, os cánones convencións, o necesario prescindible, e que a rutina nom no-la imponhen dende fora. É buscar o mínimo común múltiplo das culturas, e o máximo común divisor da humanidade. O viageiro nunca volta á mesma casa. O turista, polo contrario, nom sae dela.
Jesús falóu de religión. Nunca de igrexas. No século IV, Constantino, emperador daquela do imperio, decide converterse ó catolicismo. Curiosamente, ademáis de presidir concilios e dotar á igrexa dumha estructura política, contamina as crenzas dos cristians cums costumes que vinhan da religión do imperio : o uso de templos pagáns, as festas solares (navidade, san Xoán), as ofrendas votivas para recuperar a saúde, o bautismo com auga bendita, o anel de bodas, e sobor de todo umha serie de signos externos cumha forte carga politeísta, dende a deificaçom e adicaçom de templos aos santos, ata a aceptaçom da trinidade de Deus. I é curiosamente nesta época de contaminaçon do cristianismo, cando aparece, no seo da igrexa católica a persecuçom das herejías cuio pecado era a fidelidade á message de cristo : os arrianos, maniqueos, cátaros, gnósticos... Sucede periódicamente : cando un cristián lee as escrituras (que som moi sinxelas de entender), resulta que as está a interpretar, e acaba na herejía. Sucede así coa teología da liberaçom, e qualquer intento de orientar as ajudas da igrexia ós marginados. Neses casos, a igrexa mostra a súa verdadeira natureza política. O sábado, en Madrid, os dirigentes da igrexia manifestáronse contra o matrimonio homosesual (enseguida se distingue ós reprimidos pola incapacidade de pronunciar ese 'x'). Eles dín que nom se manifestan contra os gays, nem a súa unión. "Pero que no le llamen matrimonio". Estou de acordo. Pero por favor, señores católicos : a cambio vostedes nom se chamen cristiáns.
O sábado os meus pais forom a umha boda na que o cura rematóu a homilía com "y mañana ya sabéis a quién tenéis que votar". A minha avoa relatóume idéntico suceso na misa dominical de don Olimpio. No asilo de Cambados, um amigo do meu pái sorprendéu ás monjas levando á súa nai a votar cumha papeleta do PP nas mans. ¿Pero nom dicían que o reino de Jesús "no es de este mundo" (Juan 18-36)?
Cando vivía, com outros estudantes en Las Palmas, tinhamos, coma um decálogo, estas regras culinarias : Primeira : Numca é demasiada cebola Segunda : Numca som demasiadas patacas fritas Terceira e receita universal do piso : cousa rica máis cousa rica igoal a cousa rica
Existen múltiples raçoms para ler. Eu tenho a minha. Hai quem lê para dizer que leu. Hai quem lê para saber, conhecer cousas (reais ou nom). Lembrar o que se leu e aprender do lido. Hai quem lê para desfrutar, ter, a través da leitura, vivencias novas e agradáveis. Hai quem lê... Eu leio para me comover. Leio, incluso cousas que nom gosto, nem me aportan nada, nem me ensinan nada, nem vou lembrar nunca en busca dumha página, un párrafo, umha linha que me comova. Comover : mover por dentro. Que me cambie. Que deixe registro en mín de que pasóu. Esa é a minha memoria do lido. Por iso leio.
"Os excesos son malos" A velha máxima Aristotélica do justo termo medio. Certa. Tautológica. Cómo se mide um exceso? "O exceso de sucre fai dano". Pero canto sucre é exceso? Umha cucharada ó día? Dúas? Um kilo? O médico diría umha cantidade, ponhamos 100 gramos. Pero cómo se fijóu esa cantidade?. Porque alguén fixo um estudo en que concluíu que, a partir de 100 gramos ó día, o sucre fai mal. Logo : máis de 100 gramos é exceso. I entón a máxima queda "o sucre numha cantidade tal que fai dano fai dano".
Nom tenho memoria. Sou memoria. E memoria som : - As ruinas, as cicatrices - Os medos, os desejos - Os montes arrasados, umha árvore sem folhas - O cheiro do chan molhado - e as camas sem fazer.