Blogia
A cova do congro

Mar adentro

Medos

O mais perigoso de enfrentarse ós propios medos é vencelos. E que entón sejan substituidos por outros medos. Quém sabe se máis terriveis.

Pensamento

Onde hai patrón, nom manda signo.

Triángulo imperfecto

Um triángulo imperfecto é um conjunto de tres propiedades, no cal, a posesión de calquera dúas delas, exclúe automáticamente á terceira. Este é o meu :

Inteligencia - Sensibilidade - Felicidade

Patrias

Nunca puiden distinguir um xílgaro de um verdeloro. Nunca souben buscar ninhos no medio das silveiras. Metía os ovos que me daban en auga para saber se estaban chocos, pero nom os comía crús. Nunca fun quem de subir ós eucaliptos. Nom manchaba os zapatos na lama das leiras. Ó futbol, só puiden xogar de porteiro.
Se a patria dum home é a súa infancia, eu som de umha ilha moi, moi pequena.
Como tantos nenos, gostéi dos livros. Lín moito, e vivín moito nos livros. A literatura tamén é umha patria. Umha patria de mortos.
Améi ás mulheres con protocolo de embaixador, cando nom de exiliado (nunca de turista). Pero sempre me sentín um inmigrante ilegal nesa patria.
Tenho vivido na Ilha, Pontevedra, Las Palmas, Lalín, e Madrid, e tempadas máis curtas en Barcelona, Alemanha, Venezuela, EEUU. Meu pai gostaba de se desplazar, e con dez anos ja me levara por toda Espanha, e máis a Francia, Bélgica, Suecia, Noruega, Dinamarca, Marrocos, e Alemanha (as dúas, que umha se chamaba DDR).

Quero agarrarme a algo. Pero é que ás vezes sinto que tenho as raíces á intemperie.

O espelho da alma

Um día fui feliz. Moi feliz. Tan feliz que lhe pedín a Mónika que tomase umha foto da minha cara feliz, na que quedaría recolhido para sempre ese momento de entusiasmo. Umha foto da minha felicidade.
Pero ó revelar a foto alí nom había nada. Nem felicidade, nem entusiasmo, nem luz. Apenas umha alegría leve, escapándose polas comisuras de um sorriso apenas esbozado.
Dende entón sei que a felicidade na cara das persoas nom é tal, acaso umha momentánea alegría. Fingir o sorriso está ó alcance de qalquer.
Da cara da desgraça, sem embargo, nom dubidéi nunca.

Para sempre

“Isto nom é para sempre”, dígome. “Date conta. Nom pode durar. Volta á realidade”.
Pero contéstome : “¿Qué é para sempre? ¿O meu trabalho é para sempre? ¿A minha comida de hoje? ¿O vaso de auga que bebo?”
Nada é para sempre. Todo é instantáneo. É para o agora. Sen embargo, todo o instantáneo, todo o que nos pasa, o que pasa por nós, cámbianos, e o cambio permanece en nós. E nada pode ser coma antes. Nin de ningumha outra forma. O que pasa, queda.
Para sempre.

Nonsense

No mundo - penso - suceden dous tipos de cousas : as que nom entendo, e as que nom se poden entender

Tangram

As vezes, os problemas máis sinxelos som os máis difíciles de resolver.

Dieta paleolítica

Proteinas e grasas, froita e herbas.
Nada de hidratos.
Umha soa comida. Comer depresa. Sen auga.
Siesta ó rematar.
Movemento, acción, loitas, xogos.
Nada de deporte.
Sexo de guerrilhas.
Ruidos, berros, e poesía.

Geografías

De neno tivem un sonho repetitivo, que, durante umha longa tempada sonhaba tódalas noites : eu flotaba no ar, no medio de mulheres blancas de carnes abultadas, e atravesaba os grandes peitos (creo lembrar que todo o corpo) con agulhas de calcetar, largas, interminablemente. Nom había sangue, nem dor, nem culpabilidade. Eu entraba na cama coma um sacerdote no templo onde se vai facer umha grande cerimonia mística (de sexo e morte, pero sen sexo nem morte), e prolongaba o sonho dende o primeiro bater de olhos ata ficar durmido nese paraíso quente.
A interpretaçom freudiana é moi sinxela de facer. Nom me interesa.
Interésame topar, agora que sei que nom se poden atravesar tetas con agulhas de calcetar, o caminho de volta a ese paraíso perdido.

Home paleolítico

As vezes gosto máis dos fonemas que das palabras. ("falava, falava, falava")

Satie

Qué quere um home que pasa a vida tocando en burdeles? Qué quere um home que compón seis pezas chamadas gnossiennes?.
A resposta son dúas linhas paralelas. Que se cruzan no infinito.

O encoro

As palabras esvaram pola minha mente coma a auga do río sobor dun leito de pedra. Mentres, impotente, tento de usar o frágil dique de contençom da memoria pra fazer um encoro, un laguinho, para ter sempre palabras frescas da traída que calman soedade. Pero as palavras esvaran e fuxen, cara ó mar do olvido. Nom é en balde. No caminho esculpen o granito, para fazer outeiros e montes, barrancos e vales, desertos e oasis : a orografía toda da minha memoria. Umha orografía que nom é de palabras.

"Money is not important for me. I need it, but it's not important for me" dícía con ton melancólico um dos taxistas de "Night on earth" de Jim Jarmusch. Eu penso "Sex is not important for me. I need it, but it's not important for me"