O espelho da alma
Um día fui feliz. Moi feliz. Tan feliz que lhe pedín a Mónika que tomase umha foto da minha cara feliz, na que quedaría recolhido para sempre ese momento de entusiasmo. Umha foto da minha felicidade.
Pero ó revelar a foto alí nom había nada. Nem felicidade, nem entusiasmo, nem luz. Apenas umha alegría leve, escapándose polas comisuras de um sorriso apenas esbozado.
Dende entón sei que a felicidade na cara das persoas nom é tal, acaso umha momentánea alegría. Fingir o sorriso está ó alcance de qalquer.
Da cara da desgraça, sem embargo, nom dubidéi nunca.

1 comentario
irene adler -
e se calhar desconhece você o rosto da sua felicidade.