Patrias
Nunca puiden distinguir um xílgaro de um verdeloro. Nunca souben buscar ninhos no medio das silveiras. Metía os ovos que me daban en auga para saber se estaban chocos, pero nom os comía crús. Nunca fun quem de subir ós eucaliptos. Nom manchaba os zapatos na lama das leiras. Ó futbol, só puiden xogar de porteiro.
Se a patria dum home é a súa infancia, eu som de umha ilha moi, moi pequena.
Como tantos nenos, gostéi dos livros. Lín moito, e vivín moito nos livros. A literatura tamén é umha patria. Umha patria de mortos.
Améi ás mulheres con protocolo de embaixador, cando nom de exiliado (nunca de turista). Pero sempre me sentín um inmigrante ilegal nesa patria.
Tenho vivido na Ilha, Pontevedra, Las Palmas, Lalín, e Madrid, e tempadas máis curtas en Barcelona, Alemanha, Venezuela, EEUU. Meu pai gostaba de se desplazar, e con dez anos ja me levara por toda Espanha, e máis a Francia, Bélgica, Suecia, Noruega, Dinamarca, Marrocos, e Alemanha (as dúas, que umha se chamaba DDR).
Quero agarrarme a algo. Pero é que ás vezes sinto que tenho as raíces á intemperie.

1 comentario
irene adler -