Blogia
A cova do congro

Química

Um día de baixa. Dor de estómago, diarreas, vómitos. Umha gastroenterite típica. Eu quero pensar que por umha gripe, polo frío, e nom polo que comín a fin de semana na Ilha. Sempre dixen que o día que umha ostra me sente mal, será um dos días máis tristes da minha vida. Pola manhá, cando decidín que nom ía trabalhar, cáseque me puxen nervioso pola cantidade de cousas que podería aproveitar para fazer. Despóis a realidade é máis simple : as colas da Seguridade Social, umha peli despóis de comer, e limpar um pouco a casa. E já está o día botado. Pero a noite foi outra cousa. Que as migranhas me vinhan com ardor de estómago era algo conhecido, pero que o efeito era bidirecional, foi para min umha novidade. Comezóu coma umha forte dor de cabeza, pero penséi que o sono a vencería. Ás 3 da manhá estaba a vomitar maldecindo a capacidade humana de consciencia da dor. Neses momentos um nom é human, nom pode pensar : é um animal que sente dor. I é entón, no medio desa dor, desa desesperaçom, cando um se da conta da fragilidade da consciencia, que se bate en retirada.

Cós vómitos a dor adoita desaparecer. Pero onte apenas tinha no estómago nada que vomitar. Có esforzo, o sabor amargo da bilis acaba inundando a boca, e um sabe que o esforzo é inútil. A dor remite um pouco, pero segue ahí. Entón, "química somos y en química te convertirás", probo cum Nolotil que, antes de chegar ó estómago, já me está a calmar, cecáis os vómitos funcionaron pese a tudo.

O bó da migranha é que nom deixa resaca, e pola manhá tudo parece um pesadelo que desaparecéu en canto deixóu de ser presente.

Hoje síntome human outra vez. Pero nom hai coma umhas boas migranhas para olvidar existencialismo, animismo i metafísica, e lembrarnos que nom somos máis que química.

1 comentario

eugeniote -

Cuide-se-me. A química em si dá lugar a magníficas ideias.