Blogia
A cova do congro

Esquizoo

Sempre penséi que os que conseguían fazer da súa afiçom o seu modo de vida eran ums afortunados mentras pola contra, os que fan do trabalho a súa afiçom, son dignos de compaixom.

Pensaba que o escritor, o pintor, o músico, o viajeiro, o futbolista, tinhan umha liberdade, um desfrute da súa actividade persoal e profesional envexável. "Pasan o día pintando, viajando, jogando : divirtíndose", pensaba eu, "Tem que ser umha maravilha!". Ata que um día díxenlhe a um primo meu que viajaba moito por trabalho, que era afortunado por conhecer tantos lugares. El, que estaba farto de nom parar num sitio, de apenas ver á familia, respostóume : "Pensar que se desfruta viaxando por obriga, é como pensar que as putas desfrutan có sexo. O que para tí é um desafogo, para nós é trabalho duro e desagradável".

Por iso, despóis de algúm tempo de tentar achegar trabalho e ocio, despóis de anos pensando que a esquizofrenia de trabalhar diligentemente e despóis fazer o esforzo de continuar a explotar o tempo livre ía acabar comigo, agora penso que som um afortunado. Penso na mágoa dos que perderom a única afiçom que tinhan convertíndoa num trabalho, e nos que, máis desgraçados aínda, por nom ter um hobby fixeron do trabalho a súa única afiçom.

Eu gosto da música, a poesía, a astronomía, a ciencia, o mar, caminhar polo monte, viajar. Dende logo nom tenho tempo para adicarlhe a tudo iso como gostaría, pero podo alomenos desfrutar, modesta e limitadamente, de fermosos momentos. Moitas veces frústrame o feito de nom dispor de máis tempo, de sofrer a consciencia desa limitaçom, a raiba de ir a clase de piano cansado polo día de trabalho. Pero num mundo en que hai que escolher entre estar mal ou estar peor, quero pensar que estou entre os que están mal. Porque neste mundo de tolos, só se pode elegir entre dúas patologías : paranoia i esquizofrenia.

Eu aspiro a manter a esquizofrenia.

1 comentario

tío Pepin -

21 st. century schizoid man (conger. In the court of the Crimson King. 1969.