Blogia
A cova do congro

Galos

Hoje nom tenho sono. É tarde, i eu estou a escoitar o silencio, na minha habitaçom. Afora comezo a oir ums galos, que queren apurar ó día. Os galos cantan e cantan e ainda é de noite. Nom séi porqué, pero vêm á minha memoria umha noite de hai máis de 20 anos. Tinha eu nove ou dez anos, e nom podía durmir. Ou durmía e despertaba. Estaba moi nervioso, porque, ao día seguinte, tinha exame de solfeo. En Vigo. Sor Hermosinda (outra Sherpa) levábame a mín e máis a Richi ó exame. Lembro a espera numha salinha, despóis o salón de actos enorme, os membros do tribunal na súa mesa i eu, alí no medio, a solfear. Lémbrome tan pequeno... O caso é que hoje -coma a madalena de Proust- véume a sensaçom -nom a image- daquela noite de espera, de nervos, ó escoitar os galos. Lembro que aquela primeira noite de insomnio penséi no estranho deses galos, que cantan cando aínda faltan horas para sair o sol. Lembro que como nom podía durmir, levantéime. Puxen a camisa branca, o jersey azul de pico, e baixéi á horta a esperar, cós galos, a que se fixera de día. Fai vintecinco anos diso.

Hai dous días minha nái matóu tres galos. Dos que criaban na de Tío Alfonso. Agora están no congelador,  para as navidades. Nom sinto nada por eses galos, é o normal. Pero penso que entendo, agora, a súa presa por vivir o día.

Kikirikíiiiiiiiiiii

2 comentarios

orujo -

E os galos cantaban na illa da Arousa por casualidade ?

Milton -

Vaya, este me ha llegado.
Yo hago lo mismo que los gallos pero al revés, no me acuesto nunca, me he saltado tantas noches de sueño que ni recuerdo haber dormido.
Por eso, por apurar la vida, q es excesivamente larga en los malos momentos e injustamente breve en los buenos, por eso siempre salgo sin hora, la noche manda.

Cooooc cocococococcooc