Blogia
A cova do congro

Neotenias

Tinha ums 13 anos cando nos fixeron o reconhecimento médico no colegio. Déronme o resultado en clase: un papelinho que nom entendín. A profe de religión pidéumo pero nom me quixo explicar, diante de todos, qué era aquelo de "signos puberales ausentes". O endocrino radiografióume a hipófise e nom topóu nada. Efectivamente, inda que tarde, os signos puberales remataron aparecendo.
Paséi pola universidade em dúas etapas, a segunda, um pouco tarde. Paseina polos pelos. Pero paseina.
Comecéi a trabalhar tarde, e vím a Madrid, onde quería aprender o oficio, tamén tarde. Pero vinhen. E aprendín.
Merquéi o piso cando os prezos comezaban a se dispara[ta]r, justo no límite. Caro, pero puiden mercalo.
Nom séi. Sempre estou a chegar tarde.
Pero chego.

0 comentarios