Blogia
A cova do congro

Últimos días en Vigo

No exame de Ampliaçom de matemáticas eu estava en branco. O exame durava 5 horas, i eu nunca fun quém de sair ós 10 minutos, mentras 200 companheiros seguían inclinados sobor dums papéis garabateados. Lembro estar a mirar para a folha em branco un tempo, lembrando o Teorema de Cauchy de variable compleja. E, como iluminaçom, escrever o seguinte título : “Oda a Cauchy”. Debaixo, comezóu a aparecer um poema no que aplicava o teorema de Cauchy a esta función compleja que é a vida, e, razoando que o mundo é un “entorno cerrado”, concluía que eu nom podería ser analítico e aínda máis : que qualquer intento de me integrar neste entorno daría, necesariamente, resultado nulo. Formalmente impecável.
Lembro tamén que, mentras enchía o folio de versos matemáticos, a profesora achegóuse a mín, sem dúbida curiosa porque nom había precisamente fórmulas nos meus folios. Eu encolhínme de hombros, i ela sorríu. Como sobrava tempo, aínda fum quem de parafrasear a Santa Teresa, e finalizar o exame com estes versos :

Vivo sin vivir en mi
y tan alta nota espero
que muero porque no quiero
esperar un 10 así
para recibir un cero


Despóis firméi o exame e entreguéino.

Nom fun ver a nota, pero ao Neira puxéranlhe 0.6 por dizer que o movimento armónico simple era “una cosa de senos y cosenos”

0 comentarios