Blogia
A cova do congro

Feliz cumpleanos

A memoria, sí, é um relato, um relato que é perigoso lembrar, porque um acaba por crelo. Pero a memoria é tamén umha geografía, umha paisaxe que, de vez en cando, convén percorrer coma um explorador do XIX (máis um Kurtz que um Livingstone). Por iso hoje quero eu percorrer umha de esas paisaxes cheas de luz e sombras. Paisaxe onde um día nos perdemos, Mo, tí máis eu.

Porque hoje cumples 30 anos. Nacestes, sí, o día que coronabam ó rei, e por iso a túa nai, monárquica convencida, decidéu ponherte, como segundo nome, Carla. Monika Carla. Fai hoje trinta anos.

Lembro Mo, aquelas fotos dumha nena de 5 anos que iluminaban a túa ausencia, umha semana santa chuviosa de Las Palmas. Lembro o amenceres no Roque Negro.  Lembro Teno, os montes de Anaga, o penhón de Guachico, as jareas de dona Fefa (umha santa!)...  E lembro as historias que me contastes, as que converteron a aquela nena numha mulher, tan cedo. Historias que, queiras ou nom, seguirás levando contigo. Lembro tamén aquela historia, Mo, que foi a minha. E, ó lembrala, penso que valéu a pena. Así : tal como foi.

Suponho, Mo, que por fin estás chegando á túa idade. Cando te conhecín fai 9 anos, já eras umha mulher, madura. Umha madurez com pés de barro. Coma de trinta anos comprimidos en 20, apurados, 20 anos nos que quixestes viver com intensidade a amizade, as viaxes, o amor, o sexo, o conhecimento. Cousas todas, Mo, que nom se poden apurar. Agora, seguramente, já o sabes.

Tes agora, ós 30, por fin a túa idade. Por iso, máis que por cumplir um ano máis, Mo, felicidades.

0 comentarios