Sherpas
Cando os companheiros de carreira saíamos nas noites frías de Pontevedra, alá polos 90, sempre comezábamos sendo um grupo bastante numeroso, que ía perdendo efectivos a medida que a noite avanzaba. No campo base das dúas da manhá estábamos casi todos, pero a medida que enfiábamos as empinadas rampas da madrugada, os máis débiles íamos marchando, e ficabam os de máis aguante. Entre éstes estaba sempre Brasi, disposto a acompanhar a quem quixera prolongar a noite e coronar o cúmio da manhá. Isto valéralhe um apelativo que lhe puxera JoseGa : "el sherpa de la noche".
Alo longo dos anos, doume conta de que, para chegar ós pequenos cumios que fun alcanzando, sempre dispuxen de sherpas, de persoas que compartiron comigo o esforzo, companheiros que me deron eses folgos en momentos determinados, cando a mín me falhaban. Dende o meu pai (que tanto tiróu por mín en momentos clave), algúns profesores dos de verdade (Vicente Villar, Milagrosa Ruibal, Rafa Pérez), amigos (grandes sherpas na corda : Chelo, Nico). Ponho os séus nomes aquí porque os nomes dos sherpas tenden a rematar no olvido, cando a vida já é um caminho chá. Injusto pago pola súa ajuda, porque calquer montanheiro sabe que sin sherpas, nom se chega a ningures.
0 comentarios