Blogia
A cova do congro

O loro

Numha viage que fixeron a Cuba, os pais de Mariano trouxeran um loro. Um loro verde, que nos chamava moito a atençom a todos os rapaces. Eu, que ía moito á casa do meu primo, gostava de falar có loro, pero nunca conseguín aprenderlhe umha frase. De quem sí que aprendía aquel becho era da abuela de Mariano -e tía avoa minha- que sempre andava a berrar, dende o piso de abaixo, por Mariano e por mín, que andavamos a enredar no segundo piso. “Mariaaaaaano. Onde andas?” “Qué andaredes a facer?” “Baixade dumha vez” berrava a velha. E “Mariaaaaaano” berrava o loro, “Qué andaredes a facerrrrr?”, dicía, imitando a voz da velha.
O loro vivéu moitos anos, i eu conseguín aprenderlhe a silbar (que lhe gostava moito). Pero frases nunca aprendéu máis que as que berrava a avoa.
Debía ter eu já 10 ou 11 anos (nom me lembro bem), cando a avoa de Mariano comezóu a desvariar. Dicía cousas raras, berrava aínda máis, e moitas vezes falava có defunto do séu home coma se estivese vivo. A Mariano e máis a min, comezóu a darnos medo. Despóis nom durmía polas noites, adicávase a pasear pola casa falando cós mortos... estuvo así meses.
Ata que um día saéu da casa pola noite. Ó día seguinte ninguén sabía dela. Buscárona por todas partes, e nom aparecía. Finalmente, pola tarde, encontrárona... aboiando no mar, cerca do Regueiro : morta. Nom se soubo se caéu ou se suicidóu, pero nós nom tinhamos dúbida.
Fun á casa de Mariano ese día, ó velorio. No salón, estava o ataúde có corpo sem vida da velha. Ó seu arredor, umha procesión de velhos e velhas de negro ían pasando a despedir o corpo. A casa estava apenas iluminada polas velas do salón. A gente apenas falava, e o silencio da casa era absoluto... se nom fora por aqueles berros de loro que ainda hoje me fan tremer : dende a cocinha, imitando a voz máis tola da avoa morta, o animal berraba : “Onde estades?” “Qué andades a fazer?” “Mariaaaaaano”

0 comentarios