Blogia
A cova do congro

A historia de Miguel Burro

Cando eu vivía en Lalín, alá polo 98-99, gostaba de ir alomenos un par de veces á semana a Santiago. Colhía o coche ó salir de trabalhar, e marchaba a pasear entre as pedras do Vilar, a Algalia, e tomar un té con tarta no Iacobus. Numha de estas visitas, na carretera de Santiago, á altura de Piñeiro, había un tipo fazendo dedo. Paréi e subéu ó coche. Era um tipo alto, dums coarenta e algo, cáseque calvo, de expresión serena, e face branquecina (alomenos á escasa luz dos coches). Era extrovertido e de conversa doada. Falaba en galego. Despóis de um tempo de falar, preguntéilhe cómo se chamaba.

- Miguel - dixo él - Miguel Burro.

A mín chamóume moito a atençom o nome, e a verdade : penséi que me mentía. Seguimos falando. Eu analizaba cada frase buscando máis trolas. Pouco a pouco, comecéi a notar que, ainda que falaba perfectamente galego, nom tinha a prosodia dos nativos. Tinha ese acento sem vocáis pechadas dos que mamaron o castelán de pequenos. Así que dei en preguntar de onde era.

 - De Baltimore - Dixo. Eu escríboo así, pero el dixo algo parecido a “BOoltimo(r)”, cum acento americán tremendo.

Se nom fose pola pronunciaçom dese ‘O’, houbera pensado que me seguía a vacilar. Mireino desconfiado, na pouca luz que daban os coches que vinhan de frente.

 - ¿E cómo chegastes aquí dende Baltimore?

Entón contóume a súa historia. Miguel Burro (que eu asumín que era como él galeguizaba Michael Burroughs) nacera en Baltimore, EEUU. Estudara dereito, e comezara a exercer como advogado. Canso da cidade e da profesión, decidíu cambiar totalmente de vida : marchóu a trabalhar a umha granja agrícola afastada do mundo que estaba “no final de umha carretera”, sem luz eléctrica, televisión, nem nada. Estivo alí, fazendo algo útil, trabalhando como granjeiro, sem máis paga que a comida, un par de anos. Despóis voltóu a decidir um cambeo. Nom sabía onde ir, e quería fuxir de Estados Unidos. Entón lembróuse dumha cidade na que estivera com 21 anos, no medio de um país húmido e rural, lonxe, ó outro lado do océano. Así, colhéu o petate e marchóu a Compostela. Diso fazía tres ou catro anos. Alí fixo amigos, montóu um negocio, e aprendéu o idioma local : o galego. Convirtéuse num tipo de bilingüe pouco común : inglés-galego. Isto, que para mín era um caso tan particular, nom  lhe parecía a Miguel Burro nada especial. Dende logo nom era um problema para fazer amigos. Gostaba de viajar, e tinha amigos en Vigo, Corunha...

 - Tamén tenho amigos en Madrid, pero alí vou menos porque nom me entenden en galego.

Limitaçoms do idioma. En Madrid entendíase melhor có inglés.

Em Compostela comezara trabalhando de camareiro, chef, e finalmente montara o seu propio restaurante vegetariano : O cabalinho do demo, que foi onde rematóu viaxe e historia.

Ese foi o día que conhecín a Miguel Burro. A súa cocinha conhecida semanas despóis. Fun ó Cabalinho do Demo cear ás poucas semanas. Alá o andava, metido na cozinha, com esa eterna expreçom serena de boa persoa na cara, a preparar delicias con farinha milha. Invitóume a umha botelha de Penedés de cultivo ecológico.

A última vez que o vin já foi aquí, en Madrid, numha festa do orgulho. E seica agora vem de publicar um livro coas súas receitas. Gustóume ver o seu nome escrito na portada dum livro : véulhe dar calidade de existencia a umha lembranza que já era para mín umha desas historias que inventaba nas noites escuras do Deza.

 

0 comentarios