Escravos
Já fai anos que o meu primo Javier decidíu (ou deixóu que decidiran por el) que viver para trabalhar tamén é umha forma de vida, que ser feliz no trabalho nom deixa de ser umha forma de ser feliz, que o éxito profesional é umha métrica social coma qualquer outra, e que, postos a vender o alma, o dianho era o que melhor pagaba. Alá o está no Brasil agora, fazendo jornadas de 14 horas diarias. Pero antes de se pasar ó lado escuro, lembro que me deixóu umha lecçom que nom olvidéi : O meu primo tinha umha entrevista de trabalho numha empresa de Vigo. O día anterior, -por si acaso- decidíu fazer umha proba : ás nove da noite chamóu por teléfono á empresa. Alguén colhéu (nom soubo quém, el colgóu).... El, o día seguinte, nom foi á entrevista.
1 comentario
sonia -