Borrachos (3)
O seu apelido sinifica, en portugués, tormento. Nom o diréi por respeto, e chamereino, por exemplo, Pinheiro. Pinheiro era un tipo de mediana ideade, aberto, alegre, posuidor de esa sorna san da gente do interior galego que sempre ten umha gracia, umha conha, um chiste, para te animar o día. Grande, de cara san e rosada, calvo, com perilha, mirada inteligente de olhos pequenos, Pinheiro tinha o corpo do bebedor compulsivo : peito estreito e bandulho prominente. Um de eses corpos que, para calcular a talha, obrigan a fazer a media ponderada, rematando por levar a camisa frouxa no peito, e tirante, forzada, aberta entre botóns, na zona da barriga.
Ás oito da manhá, cando eu ía tomar o café á gasolinera, sempre me topava com Pinheiro, que estava a tomar um tróspiro (ou ghas, ou medicina) : un tubo de Ginebra con cocacola. A mín sorprendíanme eses desaxúns, e un día, comentando con Rosa, a camareira, o asunto, díxome : "Pois cando tí o ves já vai polo terceiro".
Trabalhar com el nom era complicado. Era diligente, responsable, e estava sempre de cachondeo. O único problema era que, cada hora e media ou dúas horas, as mans empezábanlhe a temblar, e tinhamos que interrompir o trabalho para baijar a por um ghas. Numca lhos contéi, pero calculara que eran entre 12 e 18 ó día.
Nom sei qué opinaría Pinheiro das campanhas contra o alcohol ó volante. Pinheiro nom podía conducir sem beber. Os alcohólicos coma él tenhen o control do seu corpo só cando levan alcohol no sangue. Se a dosis baixa, entón sí que son um perigo no coche. Que eu saiba, numca lhe fixeram un control, sobor de todo porque nom conducía pola noite.
A mulher de Pinheiro era maestra de escola, com ese carácter que tantas vezes tenho visto na mulher do rural galego : sofridor e resignado, trabalhador e constante, pero alegre e disposta para vivir as cousas sinxelas da vida. Tinha esa mirada como de segundo plano, pero sempre disposta a asumir o protagonismo cum sorriso. Heróis anónimos da nosa terra.
O xefe de Pinheiro e máis meu era un energúmeno. Empresario totalitario e despótico, producto típico das terras do Deza. Tinha o caracter que produz esa estranha mezcla de complejo de inferioridade da orixe humilde, e o desconcerto do poder industrial obtido. No seu caso agravado por nom ter o mérito do home feito a sí mesmo, senom umhas circunstancias familiares afortunadas. Pero no fondo, a orige nom se perde, e baixo a crueldade máis evidente estava o home que obrigóu a Pinheiro a ir a umha clínica (que pagóu) para se desintoxicar.
Seica estivo um mes e saléu curado.

0 comentarios