Blogia
A cova do congro

Uniformidade

Dicía Ortega en 1924 que o mundo sigue etapas cíclicas, e que o século XX ía ser masculino e pueril. Se engadirmos occidental, a descripçom da nosa sociedade estaría cáseque completa.
Estamos a viver umha época masculina, isto é, dominada polos valores masculinos de competitividade, egoismo, sexualidade explícita... A mulher tivo que asumir coma séus todos estes valores disfrazados baixo o lema da igoaldade. A mulher é, por natureza, altruista, entregada á prole e á especie. Nom encaixa com este esquema competitivo, feroz. E a súa sexualidade é íntima, privada, sutil, e dende hai 40 anos, convencérona de que liberarse consistía en identificarse coa sexualidade masculina : explícita, atrevida, impúdica.
E ista masculinizaçom da sociedade sucede cando a mulher tem máis presença e peso nela.
A puerilidade vese reflexada, principalmente no culto ó corpo (que, como dí Ortega, só é fermoso na mocidade). A exaltaçom do deporte, a cirugía estética, a explosióm da moda e as top-models... todos son signos de puerilidade e juventude da sociedade.
E, paradóxicamente, esta puerilidade da sociedade dase tamén na sociedade máis velha da historia.
Da occidentalizaçom nom compren mostras. Ata chinos e japoneses visten de traje e garabata. Para mín, o ejemplo máis humilhante disto é a Orquesta Oriente-Occidente de Daniel Barenboim, na que, para demostrar a igoaldade de culturas, nom se lhe ocorre outra cousa ó iluminado pianista, que juntar xudeos e árabes... a tocar música clásica occidental, ó jeito occidental (ningún violinista asindo o violín ó jeito árabe, inverso ó noso), e, dende logo com vestimenta occidental (nom ían ir en chilaba, nom?). Ista é a súa idea de igoaldade.
De novo, esta occidentalizaçomprodúcese cando o mundo oriental triplica en número ó occidental.
Cómo se explican estas contradicçoms? Será certo, tamén a nivel social, o refrán dime de qué presumes...

1 comentario

O Julio -

Hace tiempo que me pregunto si el diagnóstico de Ortega acerca de la "masculinidad" del mundo, sin duda certero en su tiempo, es todavía aplicable al mundo actual.
No estoy tan seguro. Más bien creo que hasta hace unas décadas el mundo (occidental) estaba equilibrado, y hoy se ha escorado decididamente hacia lo femenino.
Basta analizar nuestro modo de vida y se observa que son ELLAS las que absolutamente lo determinan.