Mullholand Drive
Esperto no medio da noite, case pola manhá. Érgome, colho o coche e vou ver a Manu. Cando chego, el e mais Rico están preocupados : alguén entróu na súa casa pola noite, alguén com chave, seguro, pero nom fixo nada : só mirar a tele e revolver cousas. E nom é a primeira vez, pasa a miudo. Eu, de algumha maneira, decátome de que tiven que ser eu. Nom sei porqué, pero sei que fum eu. Umha escura intuiçom. Fum eu, durmido. Entón penso que cecáis, sem sabelo, fago cousas durmido, incluso ir dende a Ilha (onde vivo) a Pontevedra (onde vive Manu) en coche. Estou moi preocupado, porque me da moito medo pensar que fago cousas sem a minha vontade -qué seja a vontade?- por medio. Qué mais cousas faréi durmido? De qué parte da miha vida nom sou consciente? Estou seguro de que nom estou a sonhar, porque já espertéi, e lembro que durmía, e que cecáis facía cousas durmido. Entón comezan a pasar cousas raras, estou numha aldea de pedra, alguén a se mover, coma umha sombra, entre as pedras. Hai gente, e todos tenhen medo -vexo a caras- e métense dentro das casas de pedra. Eu (nom séi porqué), persego a sombra. Tenho medo, pero sego. Entón, numha esquina, a sombra está a me esperar. A sensaçom de medo, o espanto de ver a sombra, chega antes que a visión da propia sombra. Nese intre esperto, berrando. Nervioso, coa sensaçom de medo aínda no corpo, e a consciencia de nom lhe ter visto a cara ó que me asustava. Pergúntome cómo pode o medo chegar antes que a propia causa do medo.
Esta é a segunda vez na minha vida (e as dúas no último mes) que esperto no medio dum pesadelo, berrando.
Cecáis debería deixar de ver películas antes de me deitar.
Esta é a segunda vez na minha vida (e as dúas no último mes) que esperto no medio dum pesadelo, berrando.
Cecáis debería deixar de ver películas antes de me deitar.
0 comentarios