Borrachos (2)
O problema de A.L. era completamente distinto. Puiden trabalhar ó seu lado ano e medio. Era un tipo duns coarenta anos, fraco, de pel moi branca, cumha calva de monje flanqueada de canas, e a pel da cara adornada con cambeantes manchas de cor carmesí. Era um profesional da informática inteligente e trabalhador, moi bom companheiro. Casado e com dúas filhas. Era un tipo extrovertido, conciliador, disposto a ajudar, de bó carácter. Pero ás vezes, um luns, A.L. nom aparecía no trabalho. Simplesmente nom aparecía. Entón o noso xefe, que era amigo del, chamava á mulher para saber se voltara a pasar. O asunto levávase com muita discrecçom. Resulta que o meu companheiro, ás vezes, os venres, saía, bebía, e rematava perdendo o control e indo de putas toda a fin de semana, gastando no trance todo o que a VISA daba de sí. O domingo, cando despertava, a vergonha que sentía era tanta que já nom se atrevía a voltar a casa, e ficava escondido en qualquer puticlú. I entón chegava o luns, e a súa mulher e o meu xefe pasávano a chamar, discretamente, a todos os puticlús da zona, a ver se o meu companheiro estava alí. Ó final aparecía, claro, pero A.L. colhía umha depresión que o tinha de baixa entre 2 e 6 meses. Así foi o ano e medio que trabalhéi com el : dous meses de trabalho, 2 de baixa; dous meses de trabalho, 6 de baixa...
A cousa no trabalho estava moi quente, porque, sabendo algúns do seu problema, por arriba havía quem pensava que era um enfermo, pero tamén quem dizía que emborracharse e ir de putas era desvengonha, nom enfermidade. A cousa estivo entre o despido e a jubilaçom. Finalmente, por ums cambeos organizativos da empresa, seica A.L. conqueríu a jubilaçom por invalidez.
Nom souben nada máis del. Espero que leve umha vida normal, sobor de todo pola mulher que o agoantóu e coidóu así : um deses especímenes do género feminino, que numca deixará de sorprenderme.

0 comentarios