Borrachos (1)
"A auga e máis a pomada som de uso externo". Esta frase solía dizer Alfredo, cum sorriso na boca, cando, já maior, có fígado destrozado, tinha que pedir auga num bar. Despóis de tantos anos de beber whiskey ata na comida, o corpo de Alfredo só toleraba a auga, e máis un biter Kas (só um) que se permitía os domingos. Un gran tipo ese Alfredo, que montara o cine Capitol cós cartos que fixo en Venezuela, e que morréu de cirrose, fai anos, pouco despóis de eu o conhecer.
Hai nalgúns alcohólicos algo de loucura (suicida ás vezes) que os fan irremediablemente atractivos. Eu puiden conhecer na minha vida a uns quantos.
Martínez sempre foi o tolo oficial da Ilha. Dí o meu avó que era um gran marinheiro, que sempre voltava com peixe, incluso cando outros vinhan de valeiro. Ninguén me soubo dizer cómo é que Martínez comezóu a beber, pero parece que foi cousa de meses que aquel marinheiro se convertira numha especie de ser lunático que se parava na rotonda do Campo, de pé, com aqueles pantalóns baqueros cortados pola rodilha, a berrar esas verdades que por evidentes ou ferintes ninguén escoita. Eu já conhecín a Martínez así : o tolo do povo. Um tolo gracioso, inocente, que vivía numha casota, feita cum flotador de batea, na praia. Meu tío Alfonso dizía que a loucura de Martínez nom era tal : cando lhe pedía 20 pesos para umha chiquita, com aqueles aspaventos de borracho, meu tío dizíalhe : "Martínez, a mín fálame bem que eu sei que nom estás tolo". Entón Martínez acougava, ponhía mirada inteligente, e, baixando a voz cum ton conciliador dizía : "vale, vale, pero dame vinte pesos para umha chiquita".

0 comentarios