Blogia
A cova do congro

Prioridades

Fai um par de semanas, cando veu o presidente chino a Espanha, puxeron pola tele algumhas das imagens das atrocidades que nese país se fam para garantizar a estabilidade dum sistema que fai vivir moi bem a moitos : comezando polos dirigentes do partido, e rematando en cada um dos que podemos atopar entre as nosa cousas umha etiqueta que pon "made in China". Lembro umha de esas images, e témome que nom a olvidaréi en moito tempo : umha ringleira de homes axeonllados coas máns atadas na espalda, a cabeza ligeiramente humilhada. Detrás de cada home había um soldado, que, ao sinal, deu dous pasos ó fronte, apuntóu có fusil, e disparóu na cabeza do home. Ao que estaba máis preto da cámara véuse cómo lhe saltaba o sangue pola boca. Despóis desplomouse inerte. Nom gosto destas images de tan forte carga emocional. Nom som boas para fazer juizos. No méu caso, simplemente provócanme umha grande vergonha, e ganas de calar.

Hoje lim en El Mundo digital um titular : "Paul McArtney dice que no actuará jamás en China". Ainda que me parecía un gesto demasiado teatral, penséi que Paul facía bem. Pero lín a noticia, e descobrín que o ex-Beatle tem outras prioridades.

0 comentarios