Sexta
Os venres, en Nuevos Ministerios, crúzome coa gente que volta das vacaçoms. Parece ser que os venres é o día de volta dos 9 días/7 noites. A gente que vem da linha 8, a do aeroporto, entra no metro com umha expreçom sombría, com o sol do caribe aínda nos olhos, miran á parelha com resignaçom, e tócanse as rastas que fixeron no pelo numha praia de Santo Domingo para se lembrar de que estiveron alí. Sentan enriba das maletas, cansos polo voo e o cambeo horario, já de volta. Algúns aínda tenhen forza para sacar a cámara digital e mirar fotos ("Y al final nos olvidamos de sacarle la foto a la habitación del hotel!"). Moitos tenhen cara de que, agora que voltaron, a viage nom pagava a pena. Pero tenhen que desemular, entrenar sorisos, e lembrar os detalhes a contar : "aguas cristalinas... un hotel estupendo...". No fondo, nom sabem para qué foron. A forza de velos, semelhan todos iguais. Esconden a decepçom detrás dum enorme sorriso.
Baixo comer ó japotalego, e volto cometer o erro (despistado que é um) de pedir mesa na zona de nom fumadores. Tenho observado que, nos restaurantes japoneses, só se fala de dúas cousas : do trabalho (sempre numha agencia de publicidade, cine, teatro, televisión) ou de comida japonesa. Este segundo tema, que aborrezo profundamente ("Cuidado con el wassabi que es muy fuerte"), fálase principalmente na zona de nom fumadores. Na de fumadores sempre hai grupos, comidas de negocios, com conversas interesantísimas. Eu sempre como só, e por iso aprezo que na mesa do lado os creativos de J&B lhe contem á directora de Neo2 que vam fazer umha festa de Nightology num barco, e que Neo2 podería sacar umha reportage enteira sobor do tema coa excusa de, por ejemplo, "Las formas de vivir la noche". Compensa a molestia do fume.
Despóis vou á FNAC, comprobar que seguen sem baixar o prezo das pelis de Romher. ¿Cómo podem seguir cobrando 17.90 por pelis de fai 35 anos?. Paseo pola zona verde e merco, sí, o disco da progreçom espectral na portada. Marcho para casa, e mentras configuro o mezclador, e soldo cables e conectores, escoito o disco. Um prazer que vai sendo menos desconhecido. Grazas.

1 comentario
sonia -