Blogia
A cova do congro

Apunte político

Só um pequeno apunte de actualidade política : nom parece lógico que si se transferen competencias ás comunidades, tamén se transferan os políticos que as manexa[rá]n? A presencia nas cortes estatáis de grupos que buscan a independencia da súa nazón do estado español é umha mostra de sanidade democrática, pero, nom é um pouco absurdo que se transferan competencias a umha comunidade e os séus políticos sigan a ter um forte peso na política de um país que é cada vez máis alheo? Ponho por ejemplo : se Catalunya recaudase um 90% dos seus impostos, só tería um peso no estado espanhol dum 10% (do que tinha antes), entón : qué sentido tem a súa presenza en igoaldade de condiçoms num parlamento que administra os cartos -principalmente- das outras comunidades?

Vaia por diante que nom fago nengumha valoraçom do statut. Puntualizo ésto porque, despóis de ler o texto, sóame um pouco a "esos putos catalanes que se vayan a su tierra". Nada máis longe da minha intençom, ainda que, vaia por detrás, que penso que o statut vai deixar a Galiza numha situaçom bem incómoda.

0 comentarios