Blogia
A cova do congro

Oferta

Cando eu lhe falo á gente do que cunde o tempo numha cidade pequena, das vantages evidentes de esa vida sem o estrés pola perda de tempo provocada polos desprazamentos de Madrid, os aboriges síntense un pouco incómodos e soen replicar có mesmo argumento : "Sí, pero en Madrid lo tienes todo : museos, cines, teatros, conciertos. Tienes muchísima más oferta de ocio que en cualquier otro sitio". Oferta... é curioso cómo a gente pensa que ter "oferta" é ter algo. O famoso "poder elegir" da sociedade de consumo. "É milhor ter 1.000 que 100 porque así podes elegir entre máis cousas". Dá igual que só poidas colher umha. A éstes, eu sempre lhes pregunto que a cántas obras de teatro foron o ano pasado. Normalmente umha ou dúas, como moito. Entón eu conto que os meus pais, en Pontevedra, nunca ven menos de 5 obras de teatro ó ano. Tenhen menos para elegir, pero, alomenos, poden ir.

Já dizía Caeiro que era melhor ter ouvidos que ter um piano. Ter moitos teatros perto nom é tam bom coma ter tempo para ir a eles. Ter moitos cartos tampouco val de moito sem tempo (hoje ou nunca) para os desfrutar. Hermós expresábao moi bem : "Quien tenga más que cene dos veces"

1 comentario

Sonia -

Completamente de acuerdo. Cuando llegué a esta ciudad, con ganas de comerme el mundo creía que sí podría aprovechar toda esa oferta y saciar mi demanda de ocio... ahora sé que eso es imposible.