Blogia
A cova do congro

Educaçom para a realidade

Hoje, no metro, estaba a pensar sobor da educaçom. Nom sobor da LOE, nem minucias organizativas semelhantes. Pensaba na distancia, cada vez maior, entre o que se ensina ós rapaces e a súa experiencia ordinaria. Nom é realmente un problema do sistema educativo, senón deste mundo que cada vez é máis lonxano, máis alheo. Fai anos, sorríame ante umha noticia que contaba que moitos nenos de cidade pensaban que o leite saía dos tetrabricks, e había que lhes explicar que nom, que antes había umha vaca que manaba leite. Pero nom é estranho : a experiencia do neno é a do tetrabrick (ainda así, cando eu era pequeno, na ilha, só había umha vaca -a de Paquita, a mulher máis fea do pobo- pero todos sabíamos de onde saía o leite). Os documentáis da tele tampouco ajudam á acercar máis umha realidade da que o neno nom tem experiencia direita, porque a da televisión é, por definión, umha realidade virtual. Despóis de tantas películas, efectos especiáis, e mentiras televisivas que incluso a um adulto lhe costa identificar, cómo pode um neno aprender o que é a realidade? Para o neno a realidade é o mando da tele, o botón do ascensor, e a palanca de cambios do coche do pai. E, si acaso, os cans, gatos, e demáis animáis domésticos. A realidade domesticada, doméstica, caseira. Umha realidade bem pobre.

Em todo isto pensaba eu esta manhá, porque voltéi coincidir no metro com ese pai que sube ó tren en Avd. América, com dous nenos, do que já faléi umha vez neste blog. Hoje o home entróu e perguntóulhe ó filho (así, coma um examen) cómo se creaba umha catarata. O neno falóu mecánicamente de desnivéis (el chamábaos acantilados), falhas do terreo, de correntes de auga. Entón o pai puntualizóu "El río tiene más caudal en el centro que en los lados. El agua corre más y arrastra más piedrecitas por la parte central, por eso las cataratas tienen forma semicircular, porque el río desgasta más el terreno por el centro". Entón o neno calóu un cacho, e ponhendo un pouco de realidade á cuestión preguntóu : "Y porqué tienen esa forma las piscinas?".

0 comentarios